.
Martes, 27 Xullo 2021 09:26

DOAZÓN DE SANGUE EN PARADA DE SIL

   

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades. Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen. No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para graduar a afluencia de doadores, evitando esperas.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Parada de Sil.

UNIDADE MÓBIL DIANTE DA CASA DO CONCELLO DE PARADA DE SIL: Martes, 3 de Agosto 12:30 a 14:00 horas

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas DOAZÓN DE SANGUE EN PARADA DE SIL