Neste concurso de ideas participaron oitenta e dúas propostas procedentes de diversos puntos de España como Barcelona, de onde chegaron tres, Madrid con sete, Valladolid, Oviedo, Málaga, Toledo, Salamanca ou Coimbra en Portugal. De Galicia cabe salientar, segundo sinala a alcaldesa, Yolanda Jácome, tamén membro do xurado, a presencia de 13 propostas de Coruña, oito de Santiago, sete de Vigo e 12 de Ourense.
A proposta gañadora presentada polo arquitecto ourensán Pablo López baixo o lema de “Ven Vindo” combina unha boa calidade arquitectónica coa resposta acertada ás cuestións esenciais, xa que mantén os valores do suxerente contexto arquitectónico e urbano de partida, dándolle a este unha nova vida e presencia. Tamén pon en valor o rico espacio público que o sitio mantén aínda e confírelle potencial para que o lugar volte a ser un espazo de relación.
Pablo López será tamén o encargado da redacción do proxecto presupostado en 30.000 euros dos que percibirá 6.000 a conta como honorarios na sinatura do contrato.
O xurado tamén acordou conceder segundo as bases, dous accésits de 1.000 euros cada un sen orde de prelación que corresponderon ós proxectos “Na Aira” de María Alonso Mosquera e Manuel Pallás, de Pontedeume, e a “cinco Patios” presentada por un equipo de arquitectos de Vigo encabezados por María González Ferro.
A alcaldesa aproveitou a ocasión para “agradecer publicamente ó aparellador municipal, Juan Manuel Mera a súa adicación permanente a resolución deste concurso que rematou satisfactoriamente e marca un punto de inflexión importante na recuperación de espazos no concello”.