.
Mércores, 12 Abril 2017 15:03

PARADA ADICA ESTE ANO O SEU HOMENAXE NA FESTA DAS LETRAS Ó PROFESOR EMILIO GRAÑA

O concello de Parada de Sil, adicada este ano a tradicional homenaxe pola Festa das Letras a un persoeiro destacado orixinario do concello a Emilio González Graña, sociólogo, profesor, excura, defensor de Galicia, as suas xentes, a sua cultura e a sua lingua, gran impulsor do movemento galeguizador e de reivindicación do valor do rural, levado a cabo polo Colexio de Os Milagros do Monte Medo. A idea acadou tanta fondura, que as autoridades eclesiásticas e políticas da época (en pleno posfranquismo), ordearon a inmediata neutralización do proxecto.
 
Aos 45 anos quedou literalmente na rua, apartado das funcións como relixioso, sen traballo e sen diñeiro para vivir. Ainda así, preferiu asumir o reto de empezar unha nova vida, antes que abdicar dos seus principios éticos. O tesón premiouno con novos camiños para expresar o seu talento e acadar a realización persoal. Casouse, tivo dous fillos, foi profesor de ensino medio e director do Instituto “Otero Pedrayo”, onde seguiu loitando polos dereitos dos alumnos.Como é costume, os actos celebraranse o 13 de abril, sábado inmediatamente anterior á data do Día das Letras (17 de maio), no salón de actos do concello.
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA ADICA ESTE ANO O SEU HOMENAXE NA FESTA DAS LETRAS Ó PROFESOR EMILIO GRAÑA