.
Mércores, 12 Abril 2017 15:30

PARADA PROMOCIÓNASE NOS ROTEIROS CULTURAIS DA UNIVERSIDADE

Co obxectivo de promocionar o concello de Parada e estimular a curiosidade polo seus recursos naturais, históricos e monumentais, tivo lugar unha degustación de chocolate da Casa-Museo de Teimende dentro dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo que inclúe os campus de Ourense, Vigo e Pontevedra, nos que participan persoas vencelladas á entidade universitaria pero tamén outras alleas a ela. A actividade ten como obxectivo o coñecemento e disfrute do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia.
 
Neste caso, a iniciativa levouna a cabo Rosa Casares no nome do Concello de Parada de Sil e tivo lugar no pobo de Casaio, en Sobradelo de Valdeorras, despois dunha andaina por Pena Trevinca, na que participaron arredor dun cento de excursionistas procedentes de todo o sur de Galicia.A experiencia foi un completo éxito, pois moitas das persoas que non coñecían Parada amosaron a sua intención de visitala, recabando información sobre os enclaves de maior interés sinalados na explicación e xustificación do evento; tamén o chocolate do Museo cumplíu as expectativas, sendo obxecto de xenerosas gavanzas por parte dos degustadores.
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA PROMOCIÓNASE NOS ROTEIROS CULTURAIS DA UNIVERSIDADE