.

CONCURSOS

CONCURSOS

 

GAñADORES Do XVIi CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS" 2024

 

 

 

MODALIDADe: VISIóNS DE PARADA DE SIL

 

 

 

1º PREMIO · A PAISAXE ENMARCADA de Jose Manuel Novoa Blanco · PIÑOR DE BARBADÁS, OURENSE

 

 

 

 

 

2º PREMIO · MONASTERIO DE STA. CRISTINA de Ramón Fuentes García · A CORUÑA

 

 

 

 

MODALIDADe: TEMA LIBRE

 

 

1º PREMIO · TARDE DE FUTBOL de Manuel Fernández Vidal · RIVAS VACIAMADRID, MADRID

 

 

 

2º PREMIO · ARDE LA NIEBLA de Endika Díaz García · AMURRIO, ÁLAVA

 

DECLARACIÓN DO XURADO E MICRORRELATOS PREMIADOS NA XII EDICIÓN DO CONCURSO DE  MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2024

(Venres, 3 maio 2024)

 

O xurado designado para a evaluación do Undécimo Concurso de Microrrelatos 2024, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado mes de febrero, composto polos profesores D. Antonio Carreño, D. Delfín Caseiro, e D. Arturo Fernández deciden por unanimidade conceder os seguintes premios: 

 

· Primeiro premio ao microrrelato en lingua GALEGA titulado: "COMO NON SABE INGLÉS, DON CAMILO?"  de Esteban Decabo Nogueira, O Carballiño, Ourense · ESPAÑA

· Primeiro premio ao microrrelato en lingua CASTELÁ titulado: "POR LA GRACIA DE UN BESUGO"  de Trini pestaña Yáñez, Martos, Jaén · ESPAÑA

· Segundo premio ao microrrelato en lingua CASTELÁ titulado: "EL TIEMPO VUELA" de Raúl Garcés Redono, Zaragoza · ESPAÑA

· Terceiro premio ao microrrelato en lingua CASTELÁ titulado:  "DEMORA" de Francisco Argelaguer Benítez, Manresa, Barcelona · ESPAÑA

 

Parabéns a tódolos premiados tanto de Europa coma dos outros continentes!

Os premios serán entregados o vindeiro sábado 11 de maio 2024 no Salón de Plenos do Concello de Parada de Sil con motivo do Día das Letras Galegas.

E grazas a todos os que participáchedes nesta edición engrandecendo a cultura galega e española a través da escritura.

 

 

 

XVII CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS"  2024

 

(Martes 16.04.2024)

 




O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil" veñen a convocar o XVIi Concurso fotográfico "ROSA PONS FÁBREGAS" 2024 co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén co tema "LIBRE" espallar a arte da fotografía. 

 

 
 

+INFO E CONSULTAS EN: Tel . +34 616 516 238 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

XII CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA · PARADA DE SIL 2024

 

O Concello de Parada de Sil convoca a XII edición do Concurso de Microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL 2024.
Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
Os microrrelatos serán de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos.

Cada autor só poderá participar cun microrrelato. A participación está aberta a calquera ámbito xeográfico, sen máis limitacións que a observancia das bases que regulan o certame.
A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

A data de entrega rematará o 24 de marzo de 2024. Non obstante, o certamen considerarase pechado con anterioridade a esa data no caso de que se acaden os mil relatos.

 

En consecuencia, a selección de traballos farase por orde de recepción dos mesmos. Para caso dos enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.

Lembramos que todos os microrrelatos deben ir acompañados cunha PLICA (Nome do traballo)  que conterá os datos completos do participante: nome e apelidos, data de nacemento, dirección postal compoleta, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como unha declaración xurada asinada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.

Se a PLICA non contén tódolos datos completos e a DECLARACIÓN XURADA non está asinada ou acompañada no seu caso de copia de Documento Nacional de Identidade /Pasaporte polas duas caras: non se admitirá o microrrelato.

BASES DO CONCURSO AQUÍ: Bases do XII Concurso de Microrrelatos 2024

 

ENTREGA DE PREMIOS AO GAÑADORES DO XVI CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS" 2023

 

GAÑADORES DO XVI CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS" 2023

 

VISIÓNS DE PARADA DE SIL

 

1º PREMIO · O TESOURO ESCONDIDO de Iago Manoel Souto Lorenzo · PONTE CALDELAS , OURENSE

 

 

 

2º PREMIO · XOGO DE BOLOS EN PARADA DE SIL de Felisa Victoria Trigo Recarey Lorenzo · FERROL, A CORUÑA

 

 

 

 

TEMA LIBRE

 

1º PREMIO TEMA LIBRE · HUMAN & PLASTIC de Mithail Afrige · BANGLADESH, INDIA

 

2º PREMIO TEMA LIBRE · PINCELADAS MODERNISTAS de José Reyes Belzuncr · SAINT BOI DE LLOBREGAT, BARCELONA

 

 

 

 

 

APRAZADO O FALLO DO XURADO DO XVi CONCURSO FOTOGRÁFICO INTERNACIONAL "ROSA PONS FÁBREGAS" 2023

 

Debido a gran cantidade de fotografías recibidas na actual convocatoria do XVI Concurso Fotográfico ROSA PONS, decidimos APRAZAR o fallo do xurado ata o luns 10 de xullo de 2023 a partir de las 18:00 hrs., para poder facer un bó traballo de selección.

A data de entrega de premios anunciarase oportunamente e será comunicada persoalmente ás persoas premiadas.

Grazas e desculpen as molestias!

 

 

DECLARACIÓN DO XURADO E MICRORRELATOS PREMIADOS NA XI EDICIÓN DO CONCURSO DE  MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2023

(Sábado, 29 abril 2023)

O xurado designado para a evaluación do Undécimo Concurso de Microrrelatos 2023, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado mes de xaneiro, composto polos profesores D. Antonio Carreño, D. Delfín Caseiro, e D. Arturo Fernández deciden por unanimidade conceder os seguintes premios: 

· Primeiro premio ao microrrelato titulado: "A QUÉ HUELE LA TRAICIÓN..."  de Esperanza Macarena Expósito Molina, Sevilla · ESPAÑA

· Segundo premio ao microrrelato titulado: "PRESUNTAMENTE" de Estefanía Soto Sánchez, Aguilar de Campoo, Palencia · ESPAÑA

· Terceiro premio ao microrrelato titulado:  "DEBEU SER O AIRE" de Naila María González Rodríguez, Sarria, Lugo · ESPAÑA

 

Parabéns a tódolos premiados tanto de Europa coma dos outros continentes!

Os premios serán entregados o vindeiro sábado 13 de maio 2023 no Salón de Plenos do Concello de Parada de Sil con motivo do Día das Letras Galegas.

E grazas a todos os que participáchedes nesta edición engrandecendo a cultura galega e española a través da escritura.

 

 

 

XVi CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS"  2023

 

(Domingo 01.04.20232)

 




O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil" veñen a convocar o XVi Concurso fotográfico "ROSA PONS FÁBREGAS" 2023 co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén co tema "LIBRE" espallar a arte da fotografía. 

 

 

 
 

 

 

 

+INFO E CONSULTAS EN: Tel . +34 616 516 238 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

XI CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA · PARADA DE SIL 2023

 

O Concello de Parada de Sil convoca a XI edición do Concurso de Microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL 2023.
Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
Os microrrelatos serán de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos.

Cada autor só poderá participar cun microrrelato. A participación está aberta a calquera ámbito xeográfico, sen máis limitacións que a observancia das bases que regulan o certame.
A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

A data de entrega rematará o 24 de marzo de 2023. Non obstante, o certamen considerarase pechado con anterioridade a esa data no caso de que se acaden os mil relatos.

En consecuencia, a selección de traballos farase por orde de recepción dos mesmos. Para caso dos enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.

Lembramos que todos os microrrelatos deben ir acompañados cunha PLICA (Nome do traballo)  que conterá os datos completos do participante: nome e apelidos, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito. Se a PLICA non contén tódolos datos completos e a DECLARACIÓN XURADA non está asinada ou acompañada no seu caso de copia de Documento Nacional de Identidade /Pasaporte polas duas caras: non se admitirá o microrrelato.

+INFO AQUÍ: BASES OFICIAIS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS 2023

 

 

GAÑADORES DO XV CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS" 2022

 

VISIÓNS DE PARADA DE SIL

 

1º PREMIO · O MOSTEIRO AGOCHADO de Adriana Mateo Fernández · OURENSE

 

 

2º PREMIO · LOS ARCOS de Jose Manuel Maiquez Mijares · Fuenjirola - MALAGA

 

TEMA LIBRE

 

1º PREMIO · UNHA MIRADA 360 OURENSE de Fernando Saco Vidal · OURENSE 

 

2º PREMIO · ESPIRITU DE LIBERTAD  de Antonio Farto Casado · Madrid

 


 

DECLARACIÓN DO XURADO E MICRORRELATOS PREMIADOS NA X EDICIÓN DO CONCURSO DE  MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2022

(Sábado, 07.05.2022)

 

O xurado designado para a evaluación do Décimo Concurso de Microrrelatos 2022, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado 1 de febreiro, composto polos profesores D. Antonio Carreño, D. Delfín Caseiro, e D. Arturo Fernández deciden por unanimidade conceder os seguintes premios:

 

· Primeiro premio ao microrrelato titulado: "AMORES DE CRISTAL"  de Antonio Tocornal, Mallorca · ESPAÑA

· Segundo premio ao microrrelato titulado: "EQUILIBRIOS" de Beatriz Coira Ríos, Vigo, Pontevedra · ESPAÑA

· Terceiro premio ao microrrelato titulado:  " EL OLVIDO QUE FUÍ" de Belén Jácome Pérez, Gondomar, Pontevedra · ESPAÑA

 

Parabéns a tódolos premiados! Y grazas a todos os que participáchedes nesta edición engrandecendo a cultura galega e española a través da escritura.

 

 

 

 

 

XV CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS"  2022

(Domingo 08.05.2022)

 

O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil" veñen a convocar o XV Concurso fotográfico "ROSA PONS FÁBREGAS" 2022 co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén co tema "LIBRE" espallar a arte da fotografía.

 

Bases do concurso aquí:  XV CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS" 2022

 

+INFO E CONSULTAS EN: Tel . +34 616 516 238 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

X CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA · PARADA DE SIL 2022

(Mércores 02.02.2022)

O Concello de Parada de Sil convoca a X edición do Concurso de Microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL 2022.
Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
Os microrrelatos serán de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos.

Cada autor só poderá participar cun microrrelato. A participación está aberta a calquera ámbito xeográfico, sen máis limitacións que a observancia das bases que regulan o certame.
A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

A data de entrega rematará o 31 de marzo de 2022. Non obstante, o certamen considerarase pechado con anterioridade a esa data no caso de que se acaden os mil relatos.

En consecuencia, a selección de traballos farase por orde de recepción dos mesmos. Para caso dos enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.

Lembramos que todos os microrrelatos deben ir acompañados cunha PLICA (Nome do traballo)  que conterá os datos completos do participante: nome e apelidos, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito. Se a PLICA non contén tódolos datos completos e a DELARACIÓN XURADA non está sinada ou acompañada no seu caso de copia de Documento Nacional de Identidade /Pasdaporte por as duas caras: non se admitirá o microrrelato.

Anexamos para incluir co seu microrrelato FORMATO WORD: Modelo de PLICA e DECLARACIÓN XURADA en GALEGO

Anexamos para incluir co seu microrrelato FORMATO PDF: Modelo de PLICA e DECLARACIÓN XURADA en GALEGO

+INFO AQUÍ:  BASES OFICIAIS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS 2022

 

 

DECLARACIÓN DO XURADO E FOTOGRAFÍAS PREMIADAS NO xiv CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ROSA PONS FÁBREGAS" 2021

(Venres, 13.08.2021) O xurado designado para a evaluación do XIV Concurso Internacional de Fotografía ROSA PONS FÁBREGAS 2021, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado 10 de maio, composto por D. Fernando Sacó Vidal, D. Luis Baños Campo e D. Xosé Antón Vázquez Pérez, como Secretario. Despois de recibir 772 fotografías das diferentes vilas de Galicia, de case todas as comunidades autónomas de España e de Arxentina, Colombia, Brasil, México, Cuba, Moçambique, Portugal e Rumania, deciden por unanimidade conceder os seguintes premios:

PRIMEIRO premio VISIÓNS DE PARADA DE SIL 2021 á fotografía titulada:

UNHA XANELA Á NATUREZA de José Manuel Novoa Blanco, Piñor de Barbadás -  OURENSE

 

SEGUNDO premio VISIÓNS DE PARADA DE SIL 2021 á fotografía titulada:

MAR DE NÉBOA de Víctor Manuel Fernández Díaz, Ourense -  OURENSE

 

 

PRIMEIRO premio TEMA LIBRE 2021 á fotografía titulada:

O BRASIL DE AÇAÍ de Eduardo Moody Silveira, Bahía -  BRASIL

 

SEGUNDO premio TEMA LIBRE 2021 á fotografía titulada:

QUIETUD de Francisco Javier Domínguez García, Jérez de la Frontera -  CÁDIZ

 

 

aprazado o fallo do xurado do XIV CONCURSO FOTOGRÁFICO INTERNACIONAL "ROSA PONS FÁBREGAS" 2021

Debido a gran cantidade de fotografías recibidas na actual convocatoria do XIV Concurso Fotográfico ROSA PONS, decidimos APRAZAR o fallo do xurado ata o 12 de agosto de 2021, para poder facer un bó traballo de selección. A data de entrega de premios anunciarase oportunamente e será comunicada persoalmente ás persoas premiadas.

COMPOSICIÓN DO XURADO do XIV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2021:

  • D. Fernando Sacó Vidal
  • D. Luis Baños Campo
  • D. Xosé Antón Vázquez Pérez ( Secretario)

Grazas e desculpen as molestias!

 

 

declaración DO XURADO E MICRORRELATOS PREMIADOS NA IX EDICIÓN DO CONCURSO DE  MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2021

O xurado designado para a evaluación do Noveno Concurso de Microrrelatos 2021, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado 10 de xaneiro, composto polos profesores D. Antonio Carreño, D. Delfín Caseiro, e D. Arturo Fernández deciden por unanimidade conceder os seguintes premios:
 

Primeiro premio ao microrrelato titulado: METALES PESADOS

 

Segundo premio ao microrrelato titulado: OS OLLOS DO PASADO

 

Terceiro premio ao microrrelato titulado: AMO A MI SIL

 

 
      
    
 
 

parada de sil CONVOCA O xiv CONCURSO FOTOGRÁFICO INTERNACIONAL "ROSA PONS FÁBREGAS" 2021

Un ano máis,e van catorce, o Concello de Parada de Sil, en colaboración coa Asociación Cultural "Ouro do Sil" convoca o Concurso de Fotografía Internacional "ROSA PONS FÁBREGAS" 2021 con dúas modalidades de fotografía, 
Na primeira modalidade: Visións de Parada de Sil preténdese fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade, riqueza histórica, patrimonial e paisaxística do Concello de Parada de Sil.
Na segunda modalidade: Tema Libre: preténdese estimular a arte na fotografía.
As bases están na fotografía anexa a este texto.
Cada participante pode concursar nas dúas modalidades cun máximo de catro fotografías en cada modalidade. As fotografías non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso
A presentación dos traballos será no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
A data límite de presentación será o 26 de xullo e o xurado fará  público o fallo o día 6 de agosto.
Dende o día 14 de agosto farase unha exposición das fotografías no Concello para quen queira visitarnos e  o premio entregarase  con motivo das festas patronais de San Ramón, data que se anunciará oportunamente. Ao acto de entrega de premios asistirá o mecenas do Concurso, o empresario de Parada de Sil, afincado en Barcelona, D. Camilo Yañez Pons, fillo da querida mestra de Parada: Dona Rosa Pons.
 
Parada de Sil a 10 de maio de 2021
Paco Magide, Concelleiro de Cultura e Turismo
CONCELLO DE PARADA DE SIL

 

 

COMUNICADO DA ORGANIZACIÓN DO IX CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2021

Debido a gran cantidade de traballos recibidos na actual convocatoria do IX Concurso de Microrrelatos, decidimos APLAZAR o fallo do xurado ata o 31 de mayo de 2021, para poder facer un bó traballo de selección. A data de entrega de premios anunciarase oportunamente e será comunicada persoalmente ás persoas premiadas.

Anunciaremos os ganadores en https://paradadesil.es/index.php/es/servicios/concurso e no noso perfil: @concelloparadadesil en Instagram, Twiter e Facebook.

Síguenos e mantente informado! Moitas grazas a todos por participar!

 

 

 

NOMEAMENTO DO XURADO DA IX EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2021

(05.04/2021)

D. Aquilino Domínguez Díaz, Alcalde do Concello de Parada de Sil, en relación cos membros do xurado do iX Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra do Concello de Parada de Sil
RESOLVO:
 
PRIMEIRO.- Nomear membros do Xurado do IX concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra do Concello de Parada de Sil como:
 
Presidente: Dº. Antonio Carreño González
Vogais:
Dº. Arturo Fernández Novoa
Dº. Delfín Caseiro Nogueiras (Actuará tamén como Secretario)
 
O fallo do Xurado deberá considerarse inapelable, de acordo coas Bases que regulen o concurso.
 
SEGUNDO.- Publicar os membros do Xurado na páxina web do concello
 
Parada de Sil, 5 de abril de 2021.-
 

  • convocada a IX edición do concurso de microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL 

     
    (25.01.2021)
    O Concello de Parada de Sil convoca a IX edición do concurso de de microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL, que se rexerá conforme as seguintes

    BASES:
    1. Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
     
    2. Os microrrelatos serán de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos. Cada autor só poderá participar cun microrrelato.
     
    3. A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.
     
    4. A data de entrega finalizará o 30 de marzo de 2021. Para os enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.
     
    5. A presentación dos traballos poderase facer a través dos seguintes medios:
     
    I. Correo electrónico dirixido Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. poñendo en asunto o título completo da obra. No devandito correo achegaranse dous arquivos en formato Word:
     
    • O primeiro conterá a obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo.
     
    • O segundo titularase PLICA (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito. Todas as plicas gardaranse nun cartafol protexido e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima. Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata o día de finalización do prazo de entrega de microrrelatos ao concurso.

    Para calquera dúbida enviar correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
     
    II: Correo postal. Os traballos remitiranse por triplicado á seguinte dirección: “Concurso Microrrelatos, Concello de Parada de Sil”. Praza Campo da Feira nº 1. 32740 Parada de Sil. Ourense. Os textos enviaranse tan só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, autor, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono así como unha declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.
     
    6. O Concello, como organizador, designará ao xurado competente que estará presidido polo catedrático, escritor e hispanista D. Antonio Carreño.
     
    7. O fallo do xurado farase público o 7 de maio de 2021 e será inapelable.
     
    8. Dotación e fallo do premio:
        1º Premio 1.000 €
        2º Premio    500 €
        3º Premio    300 €
     
    9. A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 15 de maio de 2021.
     
    10. A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.
     
    11.Todas as persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil á utilización do relato citando ao autor ou autora do mesmo.
     
    Parada de Sil, 25 de xaneiro de 2021

 

 

  • XIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ROSA PONS"

(06.06.2020)
O concello de Parada de Sil ven de convocar a decimoterceira edición do concurso de fotografía “Rosa Pons”, que conta habitualmente cunha notable participación procedente dos puntos máis diversos da xeografía española. O certame está patrocinado polo empresario Camilo Yáñez, fillo de Rosa Pons, afincado en Barcelona, pero vencellado a Parada de Sil dende a sua infancia e onde dispón a sua segunda residencia na que para varias veces ó ano e sobre todo nas vacacións de verán.

 

Os concursantes  poden participar na modalidade de “Visións de Parada de Sil”, dotada con 800 euros para o primeiro premio e 300 para o segundo. A entidade convocante agarda que a apertura da mobilidade en Galicia despois dos meses de confinamento provocado polo estado de alarma, permitirá que se incremente a participación.

 

A outra modalidade é de tema libre e os premios son de 700 euros para o ganador e 200 para o segundo clasificado.

 

As fotografías poden enviarse a  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ata o día 27 de xullo. Cada concursante pode presentar un máximo de catro fotografías en cada modalidade. Os traballos serán xulgados por un xurado profesional. O concuso o convoca o Concello de Parada de Sil en colaboración coa Asociación Cultural Ouro do Sil.

 

  • FALLO DA VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

(07.07.2020)
A palentina Encarna Ruíz Rodríguez, co traballo “Una vida de película”, é a gañadora da oitava edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, cunha dotación en metálico de 1.000 euros. O certame contou cunha participación récord con 1.044 traballos presentados a concurso, que certifican a consolidación do certame no panorama literario. Esta avalancha de relatos requeriu un esforzo extra por parte do xurado encargado de avalialos.

Como é habitual, o responsable do equipo calificador foi o profesor e escritor Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University e fillo predilecto de Parada de Sil, de onde é orixinario. Os outros dous integrantes, tamén membros habituais neste labor crucial do certame, foron Arturo Fernández, catedrático de Lingua e ex director do Instituto Otero Pedrayo; e Delfín Caseiro, inspector de Educación e escritor.

Para os tres, tuvo palabras de agradecemento o alcalde de Parada, Aquilino Domínguez, subliñando “o traballo e o rigor empregado, que é fundamental para que o concurso de microrrelatos teña acadado o prestixio do que goza, a pesares da sua curta existencia”.

O segundo e o terceiro premios quedáronse en Galicia, recaendo en Nones Araújo Fernández, de Vigo, co traballo titulado “A preñez desiguala” -escrito en galego-, a quen lle corresponde unha dotación de 500 euros, e na coruñesa Siddharta Álvarez Sánchez, co texto “Café solo”, respectivamente, que recibirá unha compensación de 300 euros.

 

Aparte do alto número de microrrelatos presentados, cabe salientar a procedencia heteroxénea dos mesmos, que abranguen a todos os territorios do Estado español, boa parte dos países de América -sobresae Arxentina con cerca de 50 participantes-, dende Ecuador, Colombia, Cuba, Venezuela, Canadá ou Estados Unidos, entre outros. Tamén de países europeos e incluso de Israel.

 

Neste senso, o alcalde insiste na importancia do que significa esta alta participación, “polo que ten de estímulo da escritura para a xente do mundo literario, así como para os novos valores da narración. Tamén -afirma Aquilino Domínguez- como un dos vehículos para espallar os valores da Ribeira Sacra e o que significa e, nomeadamente os de Parada de Sil”. Abunda sobre o particular o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, dicindo que “a alta participación e a calidade dos traballos presentados  supoñen tamén un respaldo claro á aposta do concello pola cultura e os recursos naturais, artísticos e monumentais da nosa terra”.

 

A ceremonia de entrega de premios farase previa comunicación ós interesados, o non poder celebrarse  o acto no que estaba previsto, como é tradicional.

 

 

  • DE MICRORRELATOS

    - (03.02.2020) OITAVO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL. Ver convocatoria e bases

     

 

  • gadis: o meu entroido é o mellor! (eDICIÓN 2019)

    Parada de Sil é o corazón da Ribeira Sacra. Asómase ao Entroido ourensán desde o Miradoiro do Monte Meda, vestido de ANXEOS. As súas xentes: maiores, mozos e cativos, nesta festiva e brincallona época do ano, visten traxes que os tapan da cara ata os pés. Feitos de antigos “sacos anxeos” das patacas, das castañas e mesmo do café en grao. Van nunha carroza polas diferentes parroquias do concello divertíndose cos seus veciños e veciñas, nun ambiente de festa, confraternidade e rodeados de boas viandas que son ofrecidas aos “Anxeos” polos seus habitantes. Ao final do percorrido, veciños e Anxeos reúnense ao redor dun bo cocido galego...regado por un Mencía da Ribeira Sacra e remantando o xantar con baile e con bica de castaña molladiña en licor café artesán da zona.
     
    Convidámosvos a visitarnos no entroido ou calquiera día do ano, somos un concello cheo de arte románico, miradoiros e balcóns ao río Sil, cultura milenaria, viños, castañas, doces e tradicións puramente galegas.

  •  

 
 
 
 

 

  • X

 
 
 
 
Vostede está aquí: Home Servizos Concursos