Banner Turismo

 

LUGARES DE INTERESE



Esta ruta de lugares de interese proponche enclaves onde sentir a paisaxe, a cultura e a historia desta terra. 

Todas as paisaxes teñen unha linguaxe escondida que se deixa oír a quen queira escoitalo. O canón do Sil xera microclimas especiais: o seu espectacular relevo produce unha escala natural de ambientes, dende a paisaxe minuciosa de ribeira ata os horizontes abertos da montaña. Preto do río, encontrarás especies típicas de zonas mediterráneas e soutos que deixa paso, máis arriba, a fermosas carballeiras.

 

  • MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA

    O mosteiro benedictino de Santa Cristina de Ribas de Sil é un conxunto  monacal católico, xa en desuso. Xoia do romátino ca Ribeira Sacra, está situado nunha paraxe á beira do río Sil, na castiñeira de  Merilán, por baixo do monte  Varona, na parroquia de  Caxide. 

    Ubicación: 42.395877, -7.588332
    Horario: Todos os días de 11:00-14:00 h. e de 16:00-19:30 h. 
    Tarifa xeral: Individual 1€;  De 20-39 persoas - 15 €; 40 ou máis persoas, 30 € 

 
 
  • CASA MUSEO DO CHOCOLATE (teimende)

    Único museo do chocolate en Galcicia.
    Inaugurada no 2015, foi durante casi un século, referente  de emprendemento. Pechou as súas portas cando o último chocolateiro, Ricardo Casares, xubilouse.O inmoble e a maquinaria foron cedidas  pola familia ao concello de Parada de Sil, para gardar a memoria desta actividade.

    Ubicación: 42.367695, -7.572243
    Horario: De luns a mércores de 16:30-19:45 h.; de xoves a domingo de 11.00-14:00 h. e de 16:30-19:45 h.
    Entrada gratuíta.

 
 
  • MIRADOR "OS BALCÓNS DE MADRID"

    Espectacular miradoiro sobre o Canón do Sil, situado a 500  m. de altitude,no límite superior do Canón do Sil 

    Ubicación: 42.390975, -7.565316

 
 
  • MIRADOIRO DE TRIGUÁS

    Un pouco máis abaixo da ermida encontrarás o miradoiro. Dende alí verás un compendio de todas as paisaxes que contén a Ribeira Sacra, produto dunha historia xeolóxica única.

    Ubicación: 42.362031, -7.539741

 
 
 
 
  • MIRADOIRO DO PICOTIÑO (A COLUMNA)

    O mirador da Columna está rodeado da vexetación típica da zona, castiñeiros, carballos, arbustos e pode considerarse un dos mellores miradoiros de toda a Ribeira Sacra desde onde pode contemplarse a impresionanante vista do Cañon do Sil.

    Ubicación: 42.375278, -7.614167

 
 
  • MIRADOIRO DE CABEZOÁS

    Cabezoás é un dos miradoiros máis populares da Ribeira Sacra, o que indica a súa relevancia nun territorio caracterizado pola abundancia e calidade de puntos de observación.
     
    Localízase ao pé da estrada, fronte ao meandro coñecido como Coto das Boedas, impresionante mole granítica de máis de 700 metros de altitude que cae vertical ao río nun desnivel que supera os 400 metros. Estamos nun dos puntos de maior profundidade do Canón do Sil.
     
    Cabezoás conta cunha pasarela de madeira e unha plataforma que acentúa a visión vertixinosa do río, rodeada da vexetación propia da zona como castiñeiros, carballos e uceiras 

    Ubicación: 42.373684 -7.604687 

 
 
  • MIRADOIRO DO XUGUIÑO OU CHAO DE MADEIROS (MONTE MEDA)

    Miradoiro situado sobre o Sil, na ladeira do Monte Meda.
     
    Ubicación: 42.368139, -7.620611
     


     
 
  • NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR

    Conxunto arqueolóxico formado por restos de unha capela medieval e unha necrópole con tumbas antropomorfas escavada en pedra.
    É unha testemuña excepcional do eremitismo e unha das máis importantes do noroeste peninsular, para o período alto-medieval, séculos X-XI, cunha capela e máis de 40 sepulturas escavadas na roca.
     
    Ubicación: 42.373642, -7.502710
     
    Acceso exclusivo a pé.
     
     


     

  • PONTE ROMANA DE CONCELIÑAS

    É unha ponte medieval e de posible orixe romana, xa que atópase nun camiño de entrada á Ribeira Sacra dende a zona de Caldelas. Hai quen sostén que por aí pasaba a Vereda Maiore romana que enlazaba coa Vía XVIII.

    Ubicación: 42.346479, -7.510648


     
 
  • Área recreativa de Pradomao

    É un bo lugar para merendar e quizais para un baño na praia fluvial. Tamén podes percorrer un sendeiro duns 4 quilómetros que, pasando por Pradomao e a súa calzada romana, chega á aldea da Edrada.

    Ubicación: 42.339359, -7.523799

 
  • CASTIÑEIRO MILENARIO

    En Entrambosrríos encontrarás un dos moitos castiñeiros milenarios que hai en Parada de Sil, inmediatamente antes da aldea, preto da estrada de acceso.

    Ubicación: 42.369592, -7.554654

 
  • Ermida de Triguás

    É unha das máis coñecidas ermidas dunha zona en que a arquitectura relixiosa se despeza en múltiples exemplos. A despoboación desta comarca provocou que se deixase de celebrar a romaría en Triguás o 12 de setembro, Doce Nome de María.

    Ubicación: 42.362337, -7.539886

 
  • Pozo do Lobo

    Foxo que utilizábase, antigamente, para cazar lobos.
    Se te achegas ao miradoiro de Os Torgás (ou Balcóns de Madrid) podes visitar este pozo situado detrás do campo de fútbol. Esas pedras gardan a memoria da loita ancestral que manteñen a especie humana e o lobo.  

    Ubicación: 42.389454, -7.565193
 
  • NEVEIROS DE MONTE MEDA

    Edificacións coñecidas comunmente como ”casas da neve”. A idea coa que fai anos construíanse era para recoller a neve para, posteriormente, convertela en xeo e poder empregala como produto refrescante durante o verán.

    Ubicación: 42.352211, -7.622788
 
  • PASARELAS DO RIO MAO-FÁBRICA DA LUZ

    Accederás á Fábrica da Luz dende un desvío. Dende esta antiga central hidroeléctrica sae un carreiro que por unha pasarela de madeira che permite percorrer o último tramo do curso do río Mao (percorrido duns 850 m). 

    Ubicación: 42.374520, -7.497115

 
  • Muiños de Entrambosríos

    Encontraralos se recorres o sendeiro, ainda que tamén podes acceder dende a estrada na aldea de Entrambosríos, baixando uns 250 metros, moi preto do vello castiñeiro.
     
 
  • Souto de San Andrés

    Aínda quedan exemplos de magníficos soutos (castañais) ben mantidos, como este que suxerimos. Para visitar Santo Andrés podes chegar en vehículo ou camiñando uns 300 m dende Purdeus, pequeno lugar cerca de Casalta.
 
  • AS VIÑAS

    Si te detés no aparcamento que hai antes do desvío a San Lourenzo verás unna zona viñedo. Dende alí, por camiños de servizo, tes a posibilidade de dar un paseo, entre as viñas.
     

 

  • Enoturismo

    ADEGA  RONSEL  DO SIL.  DO. RIBEIRA SACRA. Unha adega restaurada nun antigo  lagar. Produce viños de alta calidade dentro da D.O. Ribeira Sacra.
    No corazón da Ribeira Sacra, onde a natureza sorpréndenos a cada paso, atópase  Ronsel  do Sil, preto do Parador de Santo Estevo e do mosteiro de Santa Cristina, combina o turismo coa arquitectura, a paisaxe e a enoloxía.
    "Ronsel" significa "o suco que deixa unha embarcación ao navegar a través da auga".  Ronsel  do Sil pretende deixar a súa pegada de paixón e respecto pola paisaxe sostible e a cultura do viño na Ribeira Sacra.
    Realízanse visitas guiadas aos viñedos e á adega, explicando o proceso de elaboración do viño, con catas e degustacións de viños das variedades autóctonas.

    Ubicación: 42.383902, -7.519374
    Cita previa visitas: 988 984 923  -  685 877 740 
     
     Web para máis información www.ronseldosil.com

 

  • licorería e cervexa artesana

    FÁBRICA DE LICORES ICATÚ - ECOS DA PEDRA (Casa Alende - Teimende)
    Contacto: 652 820 140
    Horario: De mércores a domingo, de 11:00-14:00 h, e de 16:30-20:30 h.
    Ubicación: 42.370267, -7.573683
    Web: https://www.ecosdapedra.com/

 

Vostede está aquí: Home Turismo Lugares de interese