Xeografía
XEOGRAFÍA
O Concello de Parada de Sil está delimitado polo río que discorre pola súa parte norte, tendo ó outro lado o de Sober (Lugo), ó Leste, o Concello ourensán de A Teixeira, ó Oeste os de Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadañedo e, finalmente, ó Sur o de Montederramo.
A sua poboación e de cerca de seiscentos habitantes agrupados nas parroquias de San Lourenzo de Barxacoba, Caxide, Chandrexa, Forcas, Edrada, Santa Mariña de Parada de Sil, Paradellas, Pradomao e Sacardebois.
Parada de Sil participa dalgunhas serras e do val do Sil, de tal forma que a chave xeográfica caracterízase por esa dualidade.
No Concello atópanse boa parte das lomas desgastadas da terra da Picoña, Cabeza de Meda, Os Confurcos, Os Burdiallos, Os Salgueiriños, que ven ser o apéndice do gran escudo elevado de Manzaneda; despois dos citados montes disponse outra área de media montaña que non pasa dos mil metros de altitude a base de planicies onduladas con profundos surcos e algúns altos: A Carpadena, Outeiro do Rio, A Espereta, Biruxe e Corzas. Logo vén unha estreita franxa con algunhas altitudes como A Gándara e Os Penediños e logo as rampas hacia o Sil e o Mao de típica Ribeira, descendendo, por último, a menos de seiscentos metros hacia os ríos, con socalcos ou terrazas de viñas.
A climatoloxía e tamén dual: Oceánico mediterráneo na ribeira por influencia do Sil e oceánico de montaña relacionado coa altitude como principal factor. A extensión do arbolado é moi pequena abundando os castiñeiros, carballos, e alisos; existe unha fauna salvaxe a base de corzos e xabaríns na serra.
A agricultura e mais ben de subsistencia.Os cultivos máis importantes son as castañas ,das que se recollen en torno os 90000 kg ó ano e o viño,que alimenta a tres bodegas que actualmente comercializan a gran escala exportando incluso a Xapón e a Nova York.
En canto á gandeiría hai un lixeiro repunte de xóvenes gandeiros con predominio da raza denominada “caldelá”, aínda que na actualidade aparecen outras.