.
Máis novas e eventos

TURISMO DE GALICIA MELLORA OS MIRADOIROS DE PARADA DE SIL

Venres, 03 Decembro 2021 12:48

Nava Castro, Directora da Axencia de Turismo de Galicia ven de conceder ao Concello de Parada de Sil unha axuda de 30.000,00€ para acondicionar os miradoiros do noso concello.

Agradecemos desde Parada de Sil esta subvención!

 

PRESENTACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE

Xoves, 02 Decembro 2021 11:03

 

O Pleno do Concello de Parada de Sil na súa sesión extraordinaria celebrada o día 30 de novembro do 2021 aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible.
Considerando que se trata dun instrumento de carácter especial que recolle as acción previstas en materia de eficiencia enerxética e minimización do impacto da acción humana no medio ambiente, é polo que para un coñecemento xeral, se procede á publicación dun anuncio da súa aprobación.
 
 

25 DE NOVEMBRO LOITANDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Xoves, 25 Novembro 2021 12:02
Concello de Parada de Sil anima a toda a cidadanía e ás institucións (organizacións, asociacións, empresas, medios de comunicación, etc.) a  unirse durante todo o ano e, especialmente,  neste día ao rexeitamento contundente á violencia de xénero.
 
Todos e todas debemos plantarlle cara á violencia machista que empobrece a nosa sociedade. Os malos tratos non son un asunto privado, é un problema social que se combate coa TOLERANCIA CERO ante calquera comportamento machista.
O  noso  concello, en representación de todas as persoas que conforman o noso municipio, ven condenar neste cartaz calquera tipo de violencia contra a muller, non admitindo ningún tipo de xustificación e expresando a maior das repulsas.
 
A violencia de xénero constitúe unha secuela de carácter mundial. Un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas, que impide á nosa sociedade continuar avanzando pola senda do benestar e do progreso social que desexamos.
Nos últimos anos, desde todos os ámbitos adoptouse un papel activo para erradicar a violencia que se exerce contra as mulleres, fomentando cantas medidas fosen necesarias para apoiar ás vítimas e atopar unha solución definitiva a este problema, o que supuxo un avance significativo na concienciación e sensibilización social ante este tipo de violencia.
Un esforzo no que debemos seguir insistindo e traballando desde a responsabilidade compartida entre o conxunto da cidadanía e os poderes públicos, poderemos erradicar definitivamente esta terrible lacra social.
 
Por todo iso Parada de Sil asume o compromiso persoal de loitar contra todo tipo de violencia, denunciando as agresións, apoiando ás vítimas, non permanecendo en silencio ante a violencia e transmitindo ás xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes.
É o noso compromiso social con esta loita, que debe ser conxunta contra calquera acto que atente contra a integridade e dignidade da muller, e defender unha sociedade xusta e igualitaria, na que mulleres e homes podamos participar  equilibradamente en todos os ámbitos e tomar conxuntamente as decisións que nos afecten.
 
Co desexo de que no futuro non haxa ningún motivo para conmemorar o día 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Co convencemento de que non existen barreiras ideolóxicas nin políticas que poñan freo a unha loita común contra a violencia sexista dí conosco:
Non estás soa!
Non te cales: Fala!
 
Cartaz deseñado por Leticia Rodríguez Álvarez en Parada de Sil 2021
 

ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO - GDR 2021

Xoves, 04 Novembro 2021 10:01
O sábado 13 de novembro de 2021, realizarase unha andaina popular contra a “Violencia de Xénero”, cun percorrido de 3,54 km., coincidindo os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia o mesmo día e a mesma hora. 
 
Punto de encontro: Centro de Interpretación de A Pobra de Trives. Haberá un autocar para desprazar ós asistentes dende o centro de Interpretación sito en A Pobra de Trives (Rúa Eumenio Ancochea, 15) ata o punto de saída (Mendoia). Hora de saída do autocar: 11:15 h.
 
Percorrido: Mendoia de Abaixo – Ponte Cabalar – A Corga – Centro de Interpretación de A Pobra de Trives.
Tod@s @s participantes levarán unha prenda identificativa, chaqueta impermeable, que será facilitada polo GDR.
 
Ao chegar ao punto final da ruta, leerase un manifesto conxunto, no que as mulleres e o resto dos habitantes da Galicia rural, se posicionen en contra da violencia de xénero. Trala lectura do manifesto, realizarase unha vídeoconferencia conxunta dalgún alto cargo da Xunta de Galicia cós participantes en todas as andainas dos 24 GDRs de Galicia. 
Ao finalizar a vídeoconferencia, terá lugar unha degustación dos produtos do territorio de actuación do Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea.
 

Inscricións e máis información:

Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea (Praza do Reloxo, 11 – A Pobra de Trives)
Tlfnos: 988346169 – 608643790
 

O aforo será limitado polo que, no suposto de que os inscritos superen o aforo, terase en conta á orde de inscrición por concellos.

XIV ANDAINA DA CASTAÑA · PARADA DE SIL 2021

Domingo, 31 Outubro 2021 13:32

  

 

O vindeiro sábado 20 de novembro o concello de Parada de Sil acollerá a celebración da XIV Andaina da Castaña e da XIV Andaina para Cativos. Un evento onde tódolos asistentes adultos poderán disfrutar dunha marcha de 18,5 kilómetros que transcurrirá polo roteiro Canón do Sil-Santa Cristina, e os máis cativos poderán participar nun percorrido guiado de 3,5 kilómetros polo roteiro dos Castiñeiros e das Carriozas.
 
As rutas comenzarán na praza do Barquilleiro dende as 09:15 ata as 09.30 horas, para os participantes adultos, e ás 11.00 horas para os cativos. E a chegada estará situada na praza do Concello.
 
O prezo da ruta será:
Andaina da Castaña 18,5 kms. - PR-G 98
12 € - de 18 años en adelante
5 € -  Menores de 12 a 17 años
Desconto de 2€ para federados FEDME
 
Andaina da Castaña para niños: Ruta interpretación da Castaña e das Carriozas de 3,5 kms. guiada.
-12 € acompañante
-Gratis para os cativos
 

Máis información en: www.ourodosil.org

INSCRIPCIÓNS en: XIV ANDAINA DE CASTAÑA 2021

MIRADOIRO DE CABEZOÁS PECHADO POR REFORMA E MANTEMENTO

Luns, 25 Outubro 2021 17:40

 

Comunícase que desde mañán martes 26 de outubro ata sábado 20 de novembro o Miradorio de cabezoás permanecerá pechado por mantemento e reformas. 

Por favor non accedan ao mesmo ainda que non haxa traballadores reformando o miradoiro!

PARADA DE SIL XA É BANDEIRA VERDE DE GALICIA

Luns, 25 Outubro 2021 16:01

 

Parada de Sil é premiada coa Bandeira Verde de Galicia. Paco  Magide, como Tenente alcalde e  concelleiro de Cultura e Turismo recolleu o galardón xunto con nove  concellos: catro son de Lugo (Alfoz, Mondoñedo, Outeiro de Rei e Sober); tres, da Coruña (Curtis, Ordes e Porto do Son), un, de Ourense (Parada de Sil), e un, de Pontevedra (Moaña).

A entrega da Bandeira Verde celebrouse o pasado mércores 19 de  outubro en Outeiro de Rei, onde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acudiu ao acto, no que destacou a riqueza natural e ambiental como un valor de Galicia e como unha posibilidade económica en alza.

O titular do executivo autonómico encomiou o traballo dos  concellos que lograron este distintivo, pois son, dixo, símbolo do coidado da Galicia Verde. Tamén destacou que a creación desta bandeira era un trazo que  singularizaba a Galicia fronte a outras comunidades autónomas.

Os municipios que recolleron o galardón foron recoñecidos por traballos de coidado e de mellora de diversos lugares naturais. Trátase dunha convocatoria que organiza a Consellería de Medio Ambiente e na que as actuacións son avaliadas por un comité.

O tenente alcalde de Parada de Sil, Paco  Magide, afirma que a consecución da bandeira é en certo xeito un premio a unha estratexia iniciada hai anos, pensada para asentar poboación, coidar a contorna monumental e paisaxística, crear emprego e dinamizar o municipio.

Felicidades Parada de Sil polo galardón e por asentar bases de futuro coidando o noso legado natural e etnográfico!

 

  

XIV CARREIRA POR MONTAÑA "CANÓN DO SIL" · A DECANA 2021

Martes, 12 Outubro 2021 12:10
Despois de que o ano pasado debido a pandemia non se celebrara “A DECANA”, este ano retómase a celebración da Carreira por montaña “Canón do Sil”, que vai pola XIV edición. 
Esta carreira en Parada de Sil é a única que foi dúas veces Copa de España e 3 veces campionato de España de clubes e individual, o que pon de manifesto prestixio da mesma e a importancia que ten, ao desfilar por Parada de Sil os mellores corredores de España
A proba ten 33 km, na súa distancia longa, un total de 17 km na media e 7 km na curta, acadando un desnivel positivo na larga de 2.220 m. As inscricións poden facerse en championchipnorte.com e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense.
As probas puntúan para a Copa Galega de Carreiras por Montaña e para o circuíto galego de carreiras por Montaña “Terra”.
 
Peche da inscrición: día 15 de outubro 2021 

INSCRIPCIÓNS en: www.championchipnorte.com 

+ INFO: XIV CARREIRA POR MONTAÑA CANÓN DO SIL· A DECANA 2021

ORGANIZA:
Clube de Montaña Ribeira Sacra
Concello de Parada de Sil

CATA DE INICIACIÓN Á RIBEIRA SACRA- CURSO GRATUÍTO

Martes, 12 Outubro 2021 11:44
Achegamento do pobo ao mundo do viño para persoas vinculadas profesionalmente e de xeito directo cos sectores produtivos da agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación cuxo ámbito de actuación sexan zonas rurais.
Mozos e Mozas que pretendan instalarse ou recentemente incorporados ao sector. 
Titulares e cotitulares das explotacións. 
Familiares que traballen na explotación agraria. Traballadores asalariados do sector agrario.
 
MARTES 26 OUTUBRO: De 17.30 a 21:30 hrs
No Salón de Plenos do Concello de Parada de Sil.
RESERVAS ATA 7 DÍAS ANTES DA CATA.

+INFO e RESERVAS: Mercedes: 689 292 675 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Organiza: 
AGACAL- AXENCIA GALEGA DE CALIDADE ALIMENTARIA. 
Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
 

CURSO MINDFULLNESS EN PARADA DE SIL OUTONO 2021

Luns, 11 Outubro 2021 16:49

Experiencia formativa cun referente nacional do Mindfullness, de tres días de duración, sobre baños de bosque, mindfullness, creatividade, felicidade,...para que as aprendizaxes poidan utilizarse a nivel persoal, empresarial, profesional ou turístico.

Prezo: 30,00€

Lugar: Concello de Parada de Sil

Días: Mércores 27 ao venres 29 de outubro 2021 incluido.

Horario: 10:00 a 14:00  e de 16:00 a 20:00 hrs.

+INFO e RESERVAS EN: www.ribeirasacra.org / 638 823 592 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A CAIDA DA FOLLA NA RIBEIRA SACRA 2021

Luns, 11 Outubro 2021 15:33

O outono máis agardado en Ribeira Sacra xa está aquí! Regresa o clásico programa "A Caída da Folla" en Ribeira Sacra, cunha combinación de plans outonais do máis variado e, moitas novidades!

Camiños de Santiago, turismo activo, micoloxía, recollida da oliva, apiturismo, relaxación, fitoterapia, gastronomía,..., valo perder?

Máis información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

OBRADOIRO DE TERRARIOS

Luns, 11 Outubro 2021 12:25

Lugar: Concello de Parada de Sil

Data e Hora: Mércores 14 de outubro ás 17:00 hrs.

Asistentes: Mulleres de tódalas idades.

Aforo máximo: 12 vagas 

Reserva previa no Concello no 988 20 80 10 

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA: VEN DESCUBRIR A LUZ DE PARADA DE SIL!

Xoves, 26 Agosto 2021 15:40
Con este obradoiro e da man da fotógrafa profesional: Rosa Veiga, descubriremos a luz e a cámara como ferramentas para mirar e rexistrar, e coñeceremos, aos poucos, como contar as 
nosas historias con fotografías. Ao tempo, exploraremos os lugares máis emblemáticos de Parada de Sil, no corazón da Ribeira Sacra.
Non compre ter coñecementos básicos, pero si moitas gañas de aprender e desfrutar xuntos dunha contorna con luces diferentes e con tradicións conservadas polos seus veciños dende centos de anos.
I
NFORMACIÓN IMPORTANTE
  • Punto de encontro : (ambos días): diante do Concello de Parada de Sil
  • Material necesario: teléfono móbil ou cámara e roupa e calzado cómodo.
  • Incluído no programa: clases teóricas e prácticas con Rosa Veiga, visitas aos recursos e monumentos de Parada de Sil, almorzo benvida e xantar do sábado 4.
 
CUSTO: 30€ por persoa.
DATAS: 4 de setembro (10 a 19:30 horas) e 5 de setembro (10 a 13:00 horas).
 
+ INFORMACIÓN E RESERVAS
 
email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
whatsapp: +34 629 882 391 (de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 horas)
 
 
 
 
 
 
 
 
 

FEIRA DE ARTESANÍA EN PARADA DE SIL

Mércores, 11 Agosto 2021 10:46
 
O vindeiro domingo 15 de agosto de 2021 no centro da vila de Parada teremos a Feira de Artesanía  e Produtos Locais das 10:00 ata as 18:00 hrs. na Praza do Curtiñeiro. Temos a vosa disposición 3 aparcamentos gratuítos para facilitar a movilidade na nosa vila.
Con tódalas medidas de seguridade para visitala:
  • mantendo o espazo entre os distintos postos de venda
  • xel hidroalcohólico en cada posto
  • uso de máscara obrigatoria para todos os asistentes.

Estades convidados a vir!

TRATAMENTO ANTICHOIVA E ANTIMOSQUITOS GRATUÍTO

Venres, 30 Xullo 2021 13:53

A empresa CARGLASS estará na Praza do Barquilleiro o vindeiro xoves 5 e venres 6 de agosto de 10:00 a 14:30 hrs. aplicando GRATUÍTAMENTE un tratamento antichoiva e antimosquitos. Aplícase un efecto hidrófugo ao parabrisas do vehículo, que consegue que as gotas de auga apenas toquen o parabrisas e esbaren rápidamente.

INAUGÚRASE O BUS-LANZADEIRA DENDE PARADA DE SIL AO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA

Mércores, 28 Xullo 2021 11:09
    
 
O Mosteiro de Sta. Cristina acollía na tarde deste 27 de xullo a presentación do servizo de bus lanzadeira de acceso dende Parada de Sil ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende reducir o tráfico privado para preservar a contorna natural e que forma parte do Plan de Sostibilidade Turística, que promove o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. En concreto esta medida está enmarcada no eixo estratéxico “Transporte Público Sostible”.
 
O bus lanzadeira pretende evitar que o incremento da demanda turística xere un impacto crecente sobre o territorio. Esta liña de transporte público ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil fará o seu percorrido de mércores a domingo, con frecuencias e prezos atractivos e con efecto disuasorio cara o uso do vehículo privado.
 
Esta presentación contaba coa presenza do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, que estaba acompañado polo alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez; polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; e polo presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández, entre outras autoridades. Todos coincidían en que o que hoxe se presentaba, a carón dunha das xoias do románico da Ribeira Sacra, “é moito máis que un servizo de transporte”.
 
O rexedor de Parada de Sil expresaba o seu agradecemento e indicaba na súa intervención como este Concello vén apostando dende hai anos pola sostibilidade e que esta aposta concreta da lanzadeira constituía unha reafirmación nesa liña tanto para o desenvolvemento do turismo como do respecto ao medio ambiente e, nese senso, lanzaba a idea de incorporar un autobús eléctrico.
 
O Plan de Sustentabilidade Turística na Ribeira Sacra suporá un investimento de 1,8M € neste territorio, dos que a Xunta fai unha achega de 850.000 euros. O resto do investimento corre a cargo da Secretaría de Estado de Turismo e do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Este programa permitirá levar adiante un conxunto de actuacións co obxectivo de garantir a sustentabilidade ambiental, económica e social no proceso de consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico.
 
 

DOAZÓN DE SANGUE EN PARADA DE SIL

Martes, 27 Xullo 2021 09:26

   

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades. Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen. No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para graduar a afluencia de doadores, evitando esperas.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Parada de Sil.

UNIDADE MÓBIL DIANTE DA CASA DO CONCELLO DE PARADA DE SIL: Martes, 3 de Agosto 12:30 a 14:00 horas

AVISO: OFICINA DE TURISMO CERRADA DEL 22 AL 25 DE JULIO 2021

Mércores, 21 Xullo 2021 17:15
TURISMO DE PARADA DE SIL INFORMA:
 
Comunicamos que en este mes de julio La Oficina de Turismo de Parada de Sil permanecerá cerrada en las siguientes fechas:
 
jueves 22 hasta el domingo 25 de julio incluidos.
 
Monasterio de Sta. Cristina y Casa-Museo del Chocolate funcionarán con toda normalidad.
Tanto el Monasterio como la Casa-Museo de Chocolate son puntos de Información Turística presencial para quien lo precise.
 
En esas fechas de cierre de la Oficina física la información será telemática y telefónica.
 
Atenderemos  cualquier duda en el teléfono +34 689 683 713  de las 11:00 a 14:00  hrs. y de las 16:30 las 19:45  hrs.
o en el email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Gracias y disculpad las molestias.

AVISO: OFICINA DE TURISMO PECHADA DO 22 AO 25 DE XULLO 2021

Mércores, 21 Xullo 2021 17:10
TURISMO DE PARADA DE SIL INFORMA:
 
Comunicamos que neste mes de xullo a Oficina de Turismo de Parada de Sil permanecerá pechada nas seguintes datas:
 
xoves 22 ata o domingo 25 de xullo incluidos.
 
Mosteiro de Sta. Cristina e Casa-Museo do Chocolate funcionarán con toda normalidade.
Tanto o Mosteiro coma a Casa-Museo de Chocolate son puntos de Información Turística presencial para quen o precise.
 
Nesas datas de peche da Oficina física a información será telemática e telefónica.
 
Atenderemos calqueira cousa no teléfono +34 689 683 713  das 11:00 a 14:00 hrs. e das 16:30 as 19:45 hrs. ou no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Grazas e desculpade as molestias.

HORARIOS e SERVIZO DO BUS-LANZADEIRA AO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA

Domingo, 11 Xullo 2021 16:30
Trátase dun servizo combinado de traslado en  microbús desde a Oficina de Turismo de Parada de Sil ao Mosteiro de Santa Cristina. Este servizo estará en marcha entre o 7 de xullo e o 6 de setembro e será opcional en días laborables e obrigatorio en fin de semana. Así ben, non será posible o acceso ao Mosteiro de Santa Cristina en vehículos particulares sábados e domingos. No percorrido inclúese unha parada sen espera en Castro para a visita aos miradoiros de Xariñas de Castro, Pena da Cividá e visita ao Castro da Idade de Bronce.
 
Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural de gran extensión, fráxil, con recursos dispersos, e asentado sobre unha topografía complexa.
Coa pretensión de minimizar os problemas de conxestión e estacionamento en determinados puntos e así mellorar a experiencia dos nosos visitantes, poñemos este servizo a disposición e solicitamos que fagan uso do mesmo.
 
Grazas pola súa colaboración na protección deste territorio.
 
AVISO IMPORTANTE: O Concello de Parada de Sil resérvase o dereito de restrinxir ao acesso ao Mosterio dos vehículos particulares noutras datas das previstas facendo obrigatorio o uso do bus-lanzadeira.
 

BANDO DE ACCESO AO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA EN XULLO E AGOSTO 2021

Sábado, 10 Xullo 2021 11:18

HORARIOS E CONEXIÓNS DE AUTOBÚS CON PARADA DE SIL

Domingo, 23 Maio 2021 10:43
 
Ya tienes a tu disposición las nuevas conexiones y horarios de autobús de Parada de Sil con la ciudad de Ourense y pueblos cercanos.
En BUS.GAL todo está disponible para facilitar tus desplazamientos en autobús, ahora también "bajo demanda".
 
De PARADA DE SIL a :
  • Ourense ciudad: RUTA XG60554
  • Cristosende: RUTA XG61314
  • Castrocaldelas – Portela: RUTA XG604503
  • Castrocaldelas – Rabacallos: RUTA XG64504

¿Cómo pedir el servicio de autobuses?

Muy fácil, simplemente deberás llamar al teléfono 988 68 78 00
Una persona te atenderá de 8 a 20 horas, todos los días laborales.
En una única llamada podrás reservar varias plazas en el autobús o, incluso, reservar varios viajes para los próximos 15 días.
 

¿Tengo que llamar siempre para coger un autobús?

No. Sólo tendrás que llamar para reservar plaza en las paradas que se presten "bajo demanda". En bus.gal y en el folleto que te puedes descargar al final de este texto, tienes información sobre las paradas y los servicios que, en cada ayuntamiento, se prestan "bajo demanda".
 

¿Cuándo llamar?

La reserva debe hacerse antes de las 19 horas del día laborable anterior a aquel en el que vaya a viajar.
Así, si el próximo miércoles 27 de diciembre quieres coger el autobús para ir al centro de salud, deberás llamar antes de las 19 horas del martes 26 de diciembre.
En cambio, si el martes 26 de diciembre quieres coger el autobús para ir a hacer compras, como el lunes es festivo deberás llamar antes de las 19 horas del viernes 22 de diciembre.
 

¿Qué necesito para llamar?

Simplemente deberás tener el número de su DNI y saber cuándo quieres viajar y entre qué paradas
Al final de la llamada se te indicará el número de confirmación de tu reserva, que deberás tener dónde anotar.
Si al llamar indicas un correo electrónico, se te enviará al mismo la reserva con tu número de confirmación, lo que también te facilitará su anulación, si fuera el caso.
 

¿Debo llamar para anular la reserva si finalmente no voy a viajar?

Sí, si finalmente no vas a viajar deberás anular la reserva. Si no lo hicieras, otras personas podrán quedar sin plaza.
Para hacer la anulación, tan sólo deberás volver a llamar al mismo número de teléfono. A ser posible, deberás indicar el número de confirmación de tu reserva.
También puedes hacer la anulación enviando el correo electrónico en el que se te confirmó tu reserva a la dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
 

¿Tengo que hacer algo al subir al autobús?

Al subir al autobús en tu parada deberás poder indicar al conductor el nombre de la persona que hizo la reserva y el código de la reserva que se te indicó.
 

¿Podré subir al autobús si no hice la reserva?

Si nadie hizo una reserva para tu parada el autobús no pasará por ella, por lo que no podrás subir. Además, otras personas podrán haber reservado en otras paradas las plazas de las que disponga el autobús, por lo que aunque no estén ocupadas puede que no queden plazas libres para tu viaje.
 

¿Puedo hacer las reservas por otros medios?

A partir de la puesta en funcionamiento del nuevo sistema las reservas deberán hacerse a través del teléfono 988 68 78 00, y ya no será posible hacerlas en los teléfonos de las empresas. Estos teléfonos podrá ser consultados para obtener información de sus líneas y horarios.
No obstante, el nuevo modelo permitirá introducir progresivamente nuevas funcionalidades, de las que se informará según se vayan incorporando, tales cómo ofrecer una mayor información de otros servicios con los que poder enlazar para, por ejemplo, ir a la capital de la provincia, o incluso, hacer reservas de manera donada desde lo móvil.
 

Aplicaciones móviles

Instala ya la aplicación de bus.gal
Consulta tus bonificaciones sociales y recargos Xente Nova, consulta horarios en tiempo real o planifica tus viajes. Descarga disponible para tu teléfono Android o Apple.
 
ACCEDE  AQUÍ A LOS DESCUENTOS Y GRATUIDADES PARA VIAJAR EN BUS POR SER JOVEN: GRATUIDADES XENTE NOVA
DESCARGA AQUÍ EL FOLLETO DE HORARIOS Y CONEXIONES CON PARADA DE SIL: files/2021/NOVAS 2021/Horarios_Autobuses_Parada_de_Sil_2021_ESP.pdf
 
 

HORARIOS E CONEXIÓNS DE AUTOBÚS CON PARADA DE SIL

Domingo, 23 Maio 2021 10:43
 
Xa tes á túa disposición as novas conexións e horarios de autobús de Parada de Sil coa cidade de Ourense e pobos próximos.
En BUS.GAL todo está dispoñible para facilitar os teus desprazamentos en autobús, agora tamén "baixo demanda".
 
De PARADA DE SIL a :
  • Ourense cidade: ROTEIRO  XG60554
  • Cristosende: ROTEIRO  XG61314
  • Castrocaldelas – Portela: ROTEIRO  XG604503
  • Castrocaldelas –  Rabacallos: ROTEIRO  XG64504
 

Como pedir o servizo de autobuses?

Moi fácil, simplemente deberás chamar ao teléfono 988 68 78 00
Unha persoa atenderache de 8 a 20 horas, todos os días laborais.
Nunha única chamada poderás reservar varias prazas no autobús ou, mesmo, reservar varias viaxes para os próximos 15 días.
 

Teño que chamar sempre para coller un autobús?

Non. Só terás que chamar para reservar praza nas paradas que se presten "baixo demanda". En bus. gal e no folleto que che podes descargar ao final deste texto, tes información sobre as paradas e os servizos que, en Parada de Sil, préstanse "baixo demanda".
 

Cando chamar?

A reserva debe facerse antes das 19 horas do día laborable anterior a aquel no que vaia a viaxar.
Así, se o vindeiro mércores 27 de decembro queres coller o autobús para ir ao centro de saúde, deberás chamar antes das 19 horas do martes 26 de decembro.
En cambio, se o martes 26 de decembro queres coller o autobús para ir facer compras, como o luns é festivo deberás chamar antes das 19 horas do venres 22 de decembro.
 

Que necesito para chamar?

Simplemente deberás ter o número do seu DNI e saber cando queres viaxar e entre qué paradas. 
Ao final da chamada indicaráseche o número de confirmación do teu reserva, que deberás ter onde anotar.
Se ao chamar indicas un correo electrónico, enviaráseche ao mesmo a reserva co teu número de confirmación, o que tamén che facilitará a súa anulación, se fose o caso.
 

Debo chamar para anular a reserva se finalmente non vou viaxar?

Si, se finalmente non vas viaxar deberás anular a reserva. Se non o fixeses, outras persoas poderán quedar sen praza.
Para facer a anulación, tan só deberás volver chamar ao mesmo número de teléfono. Se é posible, deberás indicar o número de confirmación do teu reserva.
Tamén podes facer a anulación enviando o correo electrónico no que se che confirmou o teu reserva á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Teño que facer algo ao subir ao autobús?

Ao subir ao autobús na túa parada deberás poder indicar ao condutor o nome da persoa que fixo a reserva e o código da reserva que se che indicou.
 

Poderei subir ao autobús se non fixen a reserva?

Se ninguén fixo unha reserva para a túa parada o autobús non pasará por ela, polo que non poderás subir. Ademais, outras persoas poderán reservar noutras paradas as prazas das que dispoña o autobús, polo que aínda que non estean ocupadas poida que non queden prazas libres para a túa viaxe.
 

Podo facer as reservas por outros medios?

A partir da posta en funcionamento do novo sistema as reservas deberán facerse a través do teléfono 988 68 78 00, e xa non será posible facelas nos teléfonos das empresas. Estes teléfonos poderá ser consultados para obter información das súas liñas e horarios.
Con todo, o novo modelo permitirá introducir progresivamente novas funcionalidades, das que se informará segundo váianse incorporando, tales como ofrecer unha maior información doutros servizos cos que poder enlazar para, por exemplo, ir á capital da provincia, ou mesmo, facer reservas de maneira doada desde o móbil.
 

Aplicacións móbiles

Instala xa a aplicación de bus. gal
Consulta as túas bonificacións sociais e recargas  Xente  Nova, consulta horarios en tempo real ou planifica as túas viaxes. Descarga dispoñible para o teu teléfono Android ou  Apple.
 
ACCEDE  AQUÍ AOS DESCONTOS E GRATUIDADES PARA VIAXAR EN BUS POR SER MOZO: DESCONTOS XENTE NOVA
DESCARGA AQUÍ O FOLLETO DE HORARIOS E CONEXIÓNS CON PARADA DE SIL:  files/2021/NOVAS 2021/Horarios_Autobuses_Parada_de_Sil_2021_GAL.pdf

PROYECTO HOLAPUEBLO 2021

Venres, 21 Maio 2021 15:37

 

Se informa a todos/as los/as vecinos/as que tras publicarse la II Edición de Holapueblo, promovida por Grupo Red Eléctrica, Correos y Almanatura, este Ayuntamiento, decidió meses atrás, inscribir a nuestro municipio para su elección como pueblo candidato. Nos comunicaron que ha sido uno de los 70 municipios elegidos de toda España para participar.
Holapueblo, es un proyecto que consiste en impulsar la repoblación en las áreas rurales facilitando el contacto de pueblos en búsqueda de nuevos habitantes con personas que desean realizar un cambio de vida poniendo en marcha un proyecto de emprendimiento en el medio rural e instalándose en dichos pueblos que participan.
Ahora, te buscamos a ti, si tienes una idea de emprendimiento, no sabes cómo actuar, si te gustaría instalarte en medio rural, esta es tu oportunidad, inscríbete, si eres seleccionado/a tendrás acceso a un proceso de mentorías individualizadas dirigidas a desarrollar tu idea de negocio y acompañamiento en la búsqueda de municipio compatible con las necesidades personales y profesionales
 
Con este proyecto, este Ayuntamiento pretende varios objetivos, siendo los más importantes:
  •  Mover la economía local y repoblar nuestro municipio con personas interesadas en nuestro término a nivel laboral y personal.
Todo/a aquel/la que quiera inscribirse para participar deberá acceder a la web: holapueblo.com y rellenar el formulario.
 
CONTAMOS CONTIGO, ES UNA BUENA OPORTUNIDAD PARA CONOCERTE Y DARTE A CONOCER CON TU IDEA EMPRESARIAL.
 

¡INSCRÍBETE AQUÍ!

PROXECTO HOLAPUEBLO 2021

Venres, 21 Maio 2021 15:19
 
Infórmase a todos/ as os/ as veciños/ as que tras publicarse a II Edición de Holapueblo, promovida por Grupo Rede Eléctrica, Correos e  Almanatura, este Concello, decidiu meses atrás, inscribir ao noso municipio para a súa elección como pobo candidato. Comunicáronnos que foi un dos 70 municipios elixidos de toda España para participar.
 
Holapueblo, é un proxecto que consiste en impulsar a repoboación nas áreas rurais facilitando o contacto de pobos en procura de novos habitantes con persoas que desexan realizar un cambio de vida poñendo en marcha un proxecto de emprendemento no medio rural e instalándose nos devanditos pobos que participan.
Agora, buscámosche a ti, se tes unha idea de emprendemento, non sabes como actuar, se che gustaría instalarche no medio rural, esta é a túa oportunidade, inscríbeche, se es seleccionado/a terás acceso a un proceso de  mentorías individualizadas dirixidas a desenvolver a túa idea de negocio e acompañamento na procura de municipio compatible coas necesidades persoais e profesionais
Con este proxecto, o noso Concello de Parada de Sil pretende varios obxectivos, sendo os máis importantes:
  • Mover a economía local e repoboar o noso municipio con persoas interesadas no noso municipio a nivel laboral e persoal.
Todo/a aquel/a que queira inscribirse para participar deberá acceder á web:  holapueblo.com e preencher o formulario.
 
CONTAMOS CONTIGO, É UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA COÑECERTE E DARCHE A COÑECER COA TÚA IDEA EMPRESARIAL.
 

INSCRÍBETE AQUÍ!

CAMPAMENTOS XUVENÍS "O VERÁN QUE MERECES" 2021

Venres, 21 Maio 2021 14:49
 
A Xunta de Galicia abriu onte o prazo de inscrición para algunhas das actividades que conforman a campaña de verán que inicia baixo o lema “Ou verán que mereces”.
A convocatoria dos campamentos de verán para mozos de entre 9 e 17 anos, que desde hoxe mesmo empeza a recibir as solicitudes. 
O programa de actividades, que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro poñerá á disposición un total de 7.820 prazas, mil máis que o ano pasado. A Xunta manterá as bases do protocolo específico fixado o ano pasado para os campamentos de verán. Deste xeito, continuarase implantando medidas como a redución do aforo, a incorporación gradual dos mozos, o reforzo do persoal monitor ou o incremento das medidas hixiénico-sanitarias.
A nosa querida A Fábrica dá Luz, en Parada de Sil, acollerá dúas quendas de campamentos xuvenís. 
O prazo de solicitude será de sete días hábiles no caso dos campamentos, a partir do 20 de maio. As familias numerosas e monoparentais terán un desconto do 50%, e as persoas usuarias do Carné Xove gozarán dunha rebaixa do 25%. As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía telemática a través da sede electrónica. 
+INFO:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/21196-albergue-a-fabrica-da-luz-p
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/21210-campamentos-de-veran-2021
Accede ás condicións dos campamentos AQUÍ: files/2021/NOVAS 2021/CAMPAMENTOS_2021_def-1.pdf

MELLORA DO CAMIÑO DE CASADOVENTO AO MONTE DO ESPIÑEIRO (Parada de Sil, Ourense)

Martes, 18 Maio 2021 12:35

MEDIDA 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan Marco de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021

 

O Concello de Parada de Sil dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia, busca facilitar o acceso ás fincas dos vecinos do Concello. Estáse a acometer unha actuación de mellora do camiño Casadovento ao Monte do Espiñeiro. Deste xeito preténdese evitar o despoboamento do rural e facilitar a competitividade agraria por iso se elixíu este camiño nunha zona do concello con importante actividade gandeira.

O camiño dá acceso no seu primeiro tramo a trece parcelas na actualidade con produción de pasto. Nun segundo tramo de acceso a parcelas abandoadas e a monte comunal infrautilizado; tentando revalorizar a zona e procurando a súa explotación futura.

O importe da obra é de 38.632,88 euros e foi axudicada á empresa “Hermanos Díaz Caldelas”. Para o ano 2020 o importe subvencionable por AGADER foi de 15.964,00€ e para o ano 2021 o importe subvencionable é 15.964,00€.

A intervención consiste en desbroce e retirada de vexetación nun tramo de 1.327 metros e en regularizar o firme existente con saburra.

Ademais, para evitar que se deteriore coas choivas, poranse drenaxes e pases de auga nos lugares que sexan necesarios. Agardando que no prazo dun mes, a veciñanza de Parada de Sil poda utilizar este camiño, hoxe prácticamente inservible e  que poida pasar con maquinaria moderna.

 

          

 

A FABRICA DA LUZ XA TEN LUZ!

Luns, 03 Maio 2021 16:40

No día de hoxe fíxose a conexión da luz eléctrica a Fábrica da Luz de Parada de Sil. Era paradóxico que A Fábrica da Luz non tivera conexión a corrente eléctrica e se sumunistrase soamente a través de placas fotovoltáicas claramente insuficientes para a dimensión do edifciio.

Esta obra que supón unha mellora substancial para un aproveitamento integral do establecemento denominado Fábrica da Luz, en Barxacova, Parada de Sil, tivo un coste definitivo de 98.650 euros. Así non depende só da enerxía solar e o período de apertura poderá ser de máis meses ó longo do ano, con menos custe para empresa xa que o grupo electróxeno non se terá que conectar. No día de hoxe UFD procedeu a conexión que só entrará en funcionamento cando o abastecemento de fotovoltaica a través das placas solares non sexa suficiente.

O concelleiro de Cultura e Turismo de Parada de Sil, Paco Magide, manifesta que hoxe é un gran día xa que supón “o remate a un proceso comenzado fai máis de cinco anos, cando se solicitou, e a pretensión era que o Concello a debía traer a media tensión dende Cristosende, algo inviable polo custe económico e polo impacto sobre a paisaxe e que levou a efectuar varias viaxes a Coruña para tratar de modificar esa decisión.

Despois de moitas negociacións con distintas instancias e de cinco anos, “a luz chegou a un establecemento que era Fábrica da Luz dende 1926 e agora vai un tramo en aéreo dende o pobo de Barxacova e na súa maior parte vai o cableado soterrado evitando calquera impacto paisaxístico.

Nesta obra o INEGA aportou 15.000 euros e a Deputación provincial 14.000 euros, sendo o resto de fondos propios do Concello. A actuación foi executada pola enxeñería Proieco de Ourense a a empresa Teyca-GA, que fixo a obra en tempo récord e a quen dende o Concello se lle agradece o esforzo.

O concello de Cultura de Parada de Sil, Paco Magide, diante do transformador, cos enxeñeiros e as persoas xerentes da Fábrica da Luz.

FEIRA DE ARTESANÍA EN PARADA DE SIL

Venres, 02 Abril 2021 15:17

Este Sábado Santo, 3 de abril de 2021 o Concello de Parada de Sil acolle a Feira de Artesanía onde poderás atopar marmeladas, castañas secas, produtos naturais, queixos, artesanía en coiro, etc. Todo da man de artesáns da nosa contorna, da terra de Caldelas.

A Feira estará aberta desde as 10:00 da mañán ata as 18:00 da tarde no centro da vila na Praza do Curtiñeiro. 

Con tódalas medidas de seguridade para visitala: mantendo o espazo entre os distintos postos de venda, xel hidroalcohólico en cada posto e uso de máscara obrigatoria para todos os asistentes.

APERTURA DE TEMPADA TURÍSTICA EN PARADA DE SIL

Mércores, 24 Marzo 2021 12:16

O Concello de Parada de Sil abriu o 19 de marzo a tempada turística 2021.

O Mosteiro de Sta. Cristina. a Casa- Museo Fábrica de Chocolate e a Oficina de Turismo xa están abertas para acoller a tódos aqueles visitantes que queiran visitarnos.

Sexan benvidos!

Os nosos horarios:

O CONCELLO CONVOCA A NOVENA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PRADA DE SIL

Domingo, 24 Xaneiro 2021 23:51

O concello de Parada de Sil ven de convocar a novena edición do concurso de microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, que estará aberta para a presentación de traballos ata o próximo 30 de marzo de 2021. O fallo do xurado darase a coñecer o 7 de maio, en tanto que a entrega de premios terá lugar o 15 do mesmo mes no salón de actos do concello, durante o acto de celebración das Letras Galegas que cada ano celebra o concello de Parada.

De acordo cas bases, o certame concederá tres premios, o primeiro dotado con 1.000 euros; o segundo, con 500 euros e o terceiro con 300. O xurado, como é habitual, estará presidido polo escritor, catedrático e hispanista Antonio Carreño e integrado por persoas de recoñecida solvencia no mundo das letras e a literatura.

A gañadora da última edición (2020) foi a palentina Encarna Ruíz Rodríguez, co traballo “Una vida de película”, baseado no título de filmes recoñecidos no mundo do cinema. A autora fíxose co premio despois de que o xurado considerara a sua obra a mellor dos 1.044 traballos presentados a concurso, que supuxeron un récord de participación e tamén de lugares de procedencia, que abarcaron todas as comunidades españolas, Europa, América e ata Israel.

A entrega de premios da VIII edición desenvolveuse nun acto atípico, adaptado ás normas restrictivas derivadas da pandemia da COVID 19. Neste senso, tanto o alcalde, Aquilino Domínguez, como o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, amosan a sua confianza de que na edición de 2021 sexa posible recuperar a normalidade para a cerimonia de entrega de premios e de celebración das Letras Galegas, que pola sua importancia e repercusión xa ten acadado un lugar destacado no panorama literario e cultural da provincia de Ourense. (Na fotografía, os premiados co xurado, ademáis do alcalde e o concelleiro de Cultura de Parada de Sil na entrega de premios correspondentes á edición de 2020). (Para ler o contido completo das bases, pulse na sección concursos no fondo desta mesma páxina).

OS CONCERTOS DE “NEØNYMUS” E “TANXUGUEIRAS” EN SANTA CRISTINA OBLIGARÁN Ó PECHE PARCIAL DO MOSTEIRO OS DÍAS 19 E 26 DE SETEMBRO

Venres, 18 Setembro 2020 15:56

Os concertos de “NeØnymus” e o grupo “Tanxugueiras”, previstos para os días 19 e 26 de setembro, respectivamente, no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, provocarán o peche parcial do recinto nas devanditas xornadas, que irá dende as 16,00 ata as 22 horas en ámbolos casos. Con tal motivo as visitas ó mosteiro durante as mañás dos sábados 19 e 26 quedarán limitadas ó claustro e arredores, en tanto que a igrexa pechará pechada. Nas duas non se cobrará entrada polo acceso á parte visitable do recinto. A partires das 16,00 horas dos días 19 e 26, o tráfico rodado quedará cortado á altura da aldea de Castro. A circulación recobrará a normalidade a partires das 22,00 horas.

Polo que se refire ós concertos, o día 19 terá lugar o de “NeØnymus”, iniciativa e proxecto creado e alimentado por Silberius de Ura, nome artístico detrás do que en realidade se parapeta Jesús Silverio Cavia Camarero, nado en Bilbao e criado a cabalo entre a cidade vasca e o pobo burgalés de Ura, de onde procedía a sua familia. Na sua xuventude cursou estudos de solfeo e órgano, aínda que logo abandonou a formación académica para experimenta re aprender de modo autodidacta.

A través da sua actividade musical, Silberius conxuga en NeØnymus a música, o cerebro, a espiritualidade, a historia e a tecnoloxía. En 2010 deixou a empresa de deseño web da sua propiedade, para adicarse por enteiro á posta en marcha da experiencia á que agora adica toda a sua a enerxía, coa música como fío condutor.

Tanxugueiras, pola sua banda, que actuará o 26 de setembro no mosteiro, é un grupo de voz e pandeiretas integrado por Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío, que adoitan introducir acompañamento de percusionistas alleos á formación, aínda que de recoñecida traxectoria musical como é o caso de Isaac Palacín (Berrogüeto, Guadi Galego). Con dous discos publicados (Tanxugueiras e Contrapunto, destacan pola sua capacidade de conexión co público nos diretos, coa que se fixeron un oco significativo no mundo musical galego, a pesares pouco tempo de funcionamento do grupo.

 

PARADA MELLORARÁ O CAMIÑO DE CASADOVENTO Ó MONTE DO ESPIÑEIRO CUN INVESTIMENTO DE 32.000 EUROS FINANCIADO CON FONDOS EUROPEOS

Mércores, 16 Setembro 2020 22:34

O concello de Parada de Sil levará a cabo a mellora do camiño que vai de Casadovento ó Monte do Espiñeiro, cun investimento de 31.928 euros, que será financiado cunha partida do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), que aportará o 75% do importe global (23.946 euros), así como do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e o Medio Ambiente (MAPAMA), que aportará o 7,5% (2.394,60 euros), e a Xunta de Galicia, que completará o 17,5% restante, cunha achega de 5.587,40 euros. A axuda  concédese en réxime de concesión directa e os traballos deberán estar rematados o 4 de xuño de 2021.

A obra levarase a cabo nas anualidades de 2020 e 2021, cunha distribución do orzamento en 15.964 euros para cada unha delas. A iniciativa está contemplada para a mellora dos resultados económicos de todas as explotación agrogandeiras que se atopen na área de servizo e comunicación da vía a mellorar a través do presente proxecto, facilitando de paso a reestructuración e modernización desas explotación, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

OS PERIGOS QUE PODEN ACARREAR ALGUNHAS ACTIVIDADES NO MÓBIL E O RECOÑECEMENTO ÁS MULLERES, CHEGAN ÁS ACTIVIDADES DE VERÁN

Martes, 11 Agosto 2020 22:09

As actividades de verán acollerán o día 14 dde agosto duas actividades de interese xeral. A primeira desenvolverase baixo o título de “Non co meu móbil”, que atinxe a toda a sociedade, pero que está especialmente dirixida para os máis mozos emozas. A través dela estableceranse pautas para saber usar ben a internet e máis os termináis móbiles, para detectar e evitar casos de actividades tan perigosas e socialmente preocupantes como o “ciberbulling”, o “grooming” ou o “sexting”. Asimesmo, establecerase unha guía de ciberdelitos, para que os usuarios que se introduzan neste tipo de prácticas saiban o risco legal ao que se enfrontan no caso de ser descubertos.

O mesmo día tamén terá lugar unha iniciativa dirixida ó coñecemento e recoñecemento do labor realizado polas mulleres coidadoras de fillos, maiores ou dependentes, así como as dificultades é retos que deben afrontar as mulleres maiores ou con discapacidade. Está especialmente orientada a coñecer as diferentes realidades de tantas mulleres fortes e valentes na sua vida diaria.

Por outra banda, os días 19, 20 e 21 de agosto levarase a cabo o obradoiro de fotografía “Rompendo roles e estereotipos”, apto para todas as idades, no que se traballarán e establecerán os distintos estereotipos á hora de tirar unha fotografía. Os participantes plasmarán en imaxes o particular día a día cheo de roles á hora de inmortalizar cada imaxe.

 

“BRASSICA RAPA”, NO VERÁN CULTURAL 2020 EN PARADA DE SIL

Martes, 14 Xullo 2020 23:54

O próximo sábado, día 18 de xullo, o Verán Cultural 2020 de Parada, ca organización do concello, traerá ó grupo “Brassica Rapa” é unha brass band nacida a finais do 2017, ca idea de darlle unha volta ao concepto de charanga na procura dun concepto evolucionado. A banda está formada íntegramente por rapazas, que tocan instrumentos de vento, metal e percusión e crean unha atmósfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Trompeta, trompa, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen a súa formación, que pretende reivindicar a presenza da muller neste tipo de agrupacións a través da troula, nun sector abrumadoramente masculino.

 O concello e o departamento de Cultura e Turismo animan á participación de veciños e forasteiros que queiran achegarse a Parada de Sil para disfrutar deste pasarrúas.

 

“BRASSICA RAPE”, EN EL VERÁN CULTURAL 2020 EN PARADA DE SIL

Martes, 14 Xullo 2020 23:48

El próximo sábado, día 18 de julio, el Verano Cultural 2020 de Parada, que bajo la organización del ayuntamiento, traerá al grupo “Brassica Rape”. Se trata de una brass band nacida a finales del 2017, con la idea de darle una vuelta al concepto de charanga en la búsqueda de un concepto evolucionado. La banda está formada íntegramente por chicas, que tocan instrumentos de viento, metal y percusión y crean una atmósfera alegre con su música, de repertorio conocido y fresco, con la que la fiesta está asegurada. Trompeta, trompa, dos trombones, un saxo alto, una tuba, una caja y un bombo componen su formación, que pretende reivindicar la presencia de la mujer en este tipo de agrupaciones a través de la fiesta, en un sector abrumadoramente masculino.

 El ayuntamiento y el departamento de Cultura y Turismo animan a la participación de vecinos y forasteros que quieran acercarse la Parada de Sil para disfrutar de este pasacalles.

 

UNHA HISTORIA BASADA EN TÍTULOS DE PELÍCULAS, DA PALENTINA ENCARNA RUÍZ, GAÑOU O CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL

Venres, 10 Xullo 2020 19:19

A palentina Encarna Ruíz Rodríguez, co traballo “Una vida de película”, recolleu esta mañá o premio como gañadora da oitava edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, dotado con 1.000 euros. O certame contou cunha participación récord con 1.044 traballos presentados a concurso, procedentes de todas comunidades españolas, Europa, América e ata Israel.

O acto, que tivo lugar no salón de sesións do concello, desenvolveuse adaptado ás normas restrictivas derivadas da etapa A palentina Encarna Ruíz Rodríguez, co traballo “Una vida de película”, recolleu esta mañá o premio como gañadora da oitava edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, dotado con 1.000 euros. O certame contou cunha participación récord con 1.044 traballos presentados a concurso, procedentes de todas comunidades españolas, Europa, América e ata Israel.

O acto, que tivo lugar no salón de sesións do concello, desenvolveuse adaptado ás normas restrictivas derivadas da etapa post-covid, cun aforo reducido do recinto, estuvo presidido polo alcalde, Aquilino Domínguez, e contou ca presencia do concelleiro de Cultura, Francisco Magide; o presidente do xurado calificador, Antonio Carreño, acompañado de Delfín Caseiro e Arturo Fernández, membros do mesmo.

O alcalde resaltou na sua intervención a importancia da alta participación, “polo que ten de estímulo á nobre arte da escritura para a xente do mundo literario, así como para os novos valores da narración. Tamén -afirmou Domínguez- como un dos vehículos para espallar os valores da Ribeira Sacra e o seu significado e, nomeadamente, os de Parada de Sil”. Abundou sobre o particular o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, dicindo que “a alta participación e a calidade dos traballos presentados  supoñen tamén un respaldo claro á aposta do concello pola cultura e os recursos naturais, artísticos e monumentais da nosa terra”. Aproveitou o titular de Cultura para contextualizar a actividade do concello, corazón da Ribeira Sacra, enclave que ten “moitas posibilidades” de ser designada Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco, segundo Magide.

O segundo premio, dotado con 500 euros, foi para a profesora viguesa Nones Araújo Fernández, de Vigo, co traballo titulado “A preñez desiguala” -escrito en galego-, en tanto que o terceiro, con 300 euros de recompensa, foi para o coruñés Siddharta Álvarez Sánchez, co texto “Café solo”. Os traballos premiados foron lidos polos propios autores despois de recoller a distinción correspondente.post-covid, cun aforo reducido do recinto, estuvo presidido polo alcalde, Aquilino Domínguez, e contou ca presencia do concelleiro de Cultura, Francisco Magide; o presidente do xurado calificador, Antonio Carreño, acompañado de Delfín Caseiro e Arturo Fernández, membros do mesmo.

 

O alcalde resaltou na sua intervención a importancia da alta participación, “polo que ten de estímulo á nobre arte da escritura para a xente do mundo literario, así como para os novos valores da narración. Tamén -afirmou Domínguez- como un dos vehículos para espallar os valores da Ribeira Sacra e o seu significado e, nomeadamente, os de Parada de Sil”. Abundou sobre o particular o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, dicindo que “a alta participación e a calidade dos traballos presentados  supoñen tamén un respaldo claro á aposta do concello pola cultura e os recursos naturais, artísticos e monumentais da nosa terra”. Aproveitou o titular de Cultura para contextualizar a actividade do concello, corazón da Ribeira Sacra, enclave que ten “moitas posibilidades” de ser designada Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco, segundo Magide.

O segundo premio, dotado con 500 euros, foi para a profesora viguesa Nones Araújo Fernández, de Vigo, co traballo titulado “A preñez desiguala” -escrito en galego-, en tanto que o terceiro, con 300 euros de recompensa, foi para o coruñés Siddharta Álvarez Sánchez, co texto “Café solo”. Os traballos premiados foron lidos polos propios autores despois de recoller a distinción correspondente.

Á esquerda, un momento da entrega de premios. No medio, os premiados, entre Francisco Magide e Antonio Carreño pola esquerda, e Aquilino Domínguez, Arturo Fernández e Delfín Ferreiro, pola dereita. Na foto da dereita, á esquerda a gañadora, Encarna Ruíz; no medio, a segunda clasificada, Nones Araújo; e á dereita, Siddharta Álvarez, que foi terceiro.

 
 
 
 

O CONCELLO ACOLLERÁ O 10 DE XULLO A CERIMONIA DA ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DA OITAVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS “RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL”

Martes, 07 Xullo 2020 22:24

O venres 10 de xullo terá lugar a entrega de premios aos gañadores da oitava edición do Concurso de Microrrelatos “Parada de Sil-Ribeira Sacra”, convocado polo concello de Parada de Sil. O acto, como é tradicional, terá lugar no salón de plenos do concello, coa presencia dos galardoados e membros do xurado, ademáis dos máximos representantes do goberno municipal.

Como é coñecido, a cerimonia da entrega de premios ós gañadores lévase a cabo no transcurso do acto solemne que cada ano organiza o concello con motivo do Día das Letras, no que se homenaxea a algún persoeiro que se teña distinguido polo seu compromiso con Parada. Nesta ocasión, o acto das Letras tivo que ser suspendido debido á que coincidíu ca etapa de confinamento decretada polo Goberno na loita contra o coronavirus. Agora, recuperada a normalidade, levarase a cabo a entrega dos galardóns nun acto específico.

Nesta ocasión, o primeiro premio, dotado con 1.000 euros, corresponde ó traballo “Unha vida de película”, obra da autora palentina Encarna Ruíz Rodríguez, segundo a decisión do xurado presidido polo profesor Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University; o tamén profesor Arturo Fernández, catedrático de Lingua e exdirector do instituto Otero Pedrayo, e o escritor e inspector de Educación Delfín Caseiro. O certame contou cunha participación récord con 1.044 traballos presentados a concurso, procedentes de España, Latinoamérica -con Arxentina á cabeza e tamén Ecuador, Colombia, Cuba, Venezuela, Canadá-, Estados Unidos, Europa e incluso Israel, que certifican a consolidación do certame no panorama literario.

O segundo premio, dotado con 500 euros, recaeu en Nones Araújo Fernández, de Vigo, co relato titulado “A preñez desiguala”, escrito en galego; e o terceiro foi para a coruñesa Siddharta Álvarez Sánchez, con “Café solo”, polo que recibirá unha compensación de 300 euros.

PARADA DE SIL CONVOCA A DECIMOTERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “ROSA PONS”

Sábado, 06 Xuño 2020 22:01

O concello de Parada de Sil ven de convocar a decimoterceira edición do concurso de fotografía “Rosa Pons”, que conta habitualmente cunha notable participación procedente dos puntos máis diversos da xeografía española. O certame está patrocinado polo empresario Camilo Yáñez, fillo de Rosa Pons, afincado en Barcelona, pero vencellado a Parada de Sil dende a sua infancia e onde dispón a sua segunda residencia na que para varias veces ó ano e sobre todo nas vacacións de verán.

Os concursantes  poden participar na modalidade de “Visións de Parada de Sil”, dotada con 800 euros para o primeiro premio e 300 para o segundo. A entidade convocante agarda que a apertura da mobilidade en Galicia despois dos meses de confinamento provocado polo estado de alarma, permitirá que se incremente a participación.

A outra modalidade é de tema libre e os premios son de 700 euros para o ganador e 200 para o segundo clasificado.

As fotografías poden enviarse a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ata o día 27 de xullo. Cada concursante pode presentar un máximo de catro fotografías en cada modalidade. Os traballos serán xulgados por un xurado profesional. O concuso o convoca o Concello de Parada de Sil en colaboración coa Asociación Cultural Ouro do Sil.

 

PARADA INVITA A CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE DISFRUTANDO DOS SEUS RECURSOS NATURAIS, PAISAXÍSTICOS E MONUMENTAIS

Venres, 05 Xuño 2020 12:27

O Concello de Parada invita á conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente visitando os seus recursos naturais, paisaxísticos, monumentais e arquitectónicos, como unha homenaxe ó entorno natural do corazón da Ribeira Sacra e tamén como unha forma de reiniciar a volta á normalidade despois dos meses de restricción de movementos. O concello ten xa todo listo e dotado cas medidas de seguridade requeridas para evitar riscos e que quenes se acheguen a Parada poidan disfrutar como sempre da ampla oferta natural, cultural, gastronómica e de lecer repartida polo territorio municipal. O mosteiro de Santa Cristina, os miradoiros, a necrópole de San Vítor, a Casa-Museo do Chocolate, a área recreativa de Pradomao e tantos outros enclaves que converten a Parada de Sil no corazón da Ribeira Sacra non deixarán defraudados a quenes se acheguen por primeira vez e reconfortarán aos que se reencontren cun enclave tan acolledor.

A PALENTINA ENCARNA RUÍZ GAÑA O CONCURSO DE MICRORRELATOS “RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL” IMPÓNDOSE A MÁIS DUN MILLEIRO DE PARTICIPANTES

Martes, 02 Xuño 2020 10:54

A palentina Encarna Ruíz Rodríguez, co traballo “Una vida de película”, é a gañadora da oitava edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, cunha dotación en metálico de 1.000 euros. O certame contou cunha participación récord con 1.044 traballos presentados a concurso, que certifican a consolidación do certame no panorama literario. Esta avalancha de relatos requeriu un esforzo extra por parte do xurado encargado de avalialos. Como é habitual, o responsable do equipo calificador foi o profesor e escritor Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University e fillo predilecto de Parada de Sil, de onde é orixinario. Os outros dous integrantes, tamén membros habituais neste labor crucial do certame, foron Arturo Fernández, catedrático de Lingua e ex director do Instituto Otero Pedrayo; e Delfín Caseiro, inspector de Educación e escritor. Para os tres, tuvo palabras de agradecemento o alcalde de Parada, Aquilino Domínguez, subliñando “o traballo e o rigor empregado, que é fundamental para que o concurso de microrrelatos teña acadado o prestixio do que goza, a pesares da sua curta existencia”.

O segundo e o terceiro premios quedáronse en Galicia, recaendo en Nones Araújo Fernández, de Vigo, co traballo titulado “A preñez desiguala” -escrito en galego-, a quen lle corresponde unha dotación de 500 euros, e na coruñesa Siddharta Álvarez Sánchez, co texto “Café solo”, respectivamente, que recibirá unha compensación de 300 euros.

Aparte do alto número de microrrelatos presentados, cabe salientar a procedencia heteroxénea dos mesmos, que abranguen a todos os territorios do Estado español, boa parte dos países de América -sobresae Arxentina con cerca de 50 participantes-, dende Ecuador, Colombia, Cuba, Venezuela, Canadá ou Estados Unidos, entre outros. Tamén de países europeos e incluso de Israel.

Neste senso, o alcalde insiste na importancia do que significa esta alta participación, “polo que ten de estímulo da escritura para a xente do mundo literario, así como para os novos valores da narración. Tamén -afirma Aquilino Domínguez- como un dos vehículos para espallar os valores da Ribeira Sacra e o que significa e, nomeadamente os de Parada de Sil”. Abunda sobre o particular o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, dicindo que “a alta participación e a calidade dos traballos presentados  supoñen tamén un respaldo claro á aposta do concello pola cultura e os recursos naturais, artísticos e monumentais da nosa terra”.

A ceremonia de entrega de premios farase previa comunicación ós interesados, o non poder celebrarse  o acto no que estaba previsto, como é tradicional.

O CONCELLO DEU A SUA APROBACIÓN INICIAL Á MODIFICACIÓN PARCIAL DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DE REGUEIRO

Martes, 26 Maio 2020 12:45

O Pleno municipal do Concello de Parada de Sil, na súa sesión ordinaria do 13 de maio

de 2020, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias

municipais do Concello de Parada de Sil para delimitación no núcleo rural de Regueiro,

redactada por Manuel Durán Arriero con data de outubro de 2019.

Tanto o instrumento de planeamento coma o expediente sométense a información publica

durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en

dous dos diarios de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 78

da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio

no Diario Oficial de Galicia, poderán formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na páxina web do Concello

(www.paradadesil.es), e mediante a consulta nas oficinas deste concello, de luns a venres,

das 9.00 ás 14.00 horas.

Co acordo de aprobación inicial suspéndese a tramitación das licenzas de parcelación,

edificación e demolición da área afectada (núcleos de San Adrián e O Pombar da Granxa),

durante o prazo máximo de dous anos contados a partir da data de aprobación inicial deste

instrumento de ordenación, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de

Galicia.

Parada de Sil, 15 de maio de 2020. Aquilino Domínguez Díaz, alcalde

Para consultar o expediente, premer a continuación. files/MODIFICACION_PUNTUAL_DAS_NNSS_NO_NUCLEO_DE_REGUEIRO.pdf

SAE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROXECTO PARA SUMINISTRO ELÉCTRICO Á FÁBRICA DA LUZ

Mércores, 20 Maio 2020 18:28

Polo Pleno ordinario de data 13/05/2020, aprobouse o Proxecto de linea de baixa tensión para suministro eléctrico á Fábrica da Luz de Parada de Sil por importe de 113.916,36 €.

De conformidade co artigo 134 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, someter o expediente a información pública por un prazo de vinte días na páxina web do Concello (htpps://www.paradadesil.es), co fin de que quen puidesen darse por interesados no devandito expediente, poidan comparecer e formular cantas alegacións, suxestións ou reclamacións teñan por convinte.

Parada de Sil, 20 de maio de 2020.- O Alcalde, Aquilino Domínguez Díaz

Prema a continuación para consultar o expediente. files/Proyecto_Linea_BT_Fabrica_da_Luz.pdf

O ALCALDE DE PARADA DECRETA A REANUDACIÓN DO PROCESO PARA RESOLVER O VIII CONCURSO DE MICRORRELATOS PARADA DE SIL

Mércores, 13 Maio 2020 22:53

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez Díaz ven de firmar un decreto sobre o nomeamento dos membros do xurado do VIII Concurso de Microrrelatos Parada de Sil, con data 12 de maio de 2020, no que resolve que os integantes do xurado serán Antonio Carreño González, como presidente; Arturo Fernández Nóvoa e Delfín Caseiro Nogueiras, como vogais. Este último oficiará, ademáis como secretario do devandito órgano. O fallo do xurado será inapelable, tal como recollen as bases que regulan o concurso. Asimesmo, o alcalde decreta que se publiquen os membros do xurado na páxina web do concello, así como que se dé a coñecer polo mesmo medio o fallo do xurado e a data de entrega de premios.

O ALCALDE DE PARADA DECRETA A REANUDACIÓN DO PROCESO PARA RESOLVER O VIII CONCURSO DE MICRORRELATOS PARADA DE SIL

Mércores, 13 Maio 2020 22:53

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez Díaz ven de firmar un decreto sobre o nomeamento dos membros do xurado do VIII Concurso de Microrrelatos Parada de Sil, con data 12 de maio de 2020, no que resolve que os integantes do xurado serán Antonio Carreño González, como presidente; Arturo Fernández Nóvoa e Delfín Caseiro Nogueiras, como vogais. Este último oficiará, ademáis como secretario do devandito órgano. O fallo do xurado será inapelable, tal como recollen as bases que regulan o concurso. Asimesmo, o alcalde decreta que se publiquen os membros do xurado na páxina web do concello, así como que se dé a coñecer polo mesmo medio o fallo do xurado e a data de entrega de premios.

O CONCELLO DE PARADA MANTÉN A VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA MODIFICANDO AS DATAS DO FALLO DO XURADO E A ENTREGA DE PREMIOS

Mércores, 13 Maio 2020 22:37

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm. 67, do 14 de marzo), modificado polo Real decreto 465/2020 (BOE núm. 73, do 18 de marzo), establece no apartado primeiro da disposición adicional terceira que “se suspenden termos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público”.

Non obstante, o apartado cuarto da mesma disposición adicional terceira, na redacción dada polo Real decreto 465/2020, establece que “sen prexuízo do disposto nos apartados anteriores, desde a entrada en vigor do presente real decreto, as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos”.

No que a este caso afecta, pola Alcaldía acórdase a continuación das actuacións en materia do VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra do Concello de Parada de Sil.

Publicarase na páxina web do Concello a data de publicación do fallo do xurado e a data de entrega dos premios.

Parada de Sil a 11 de maio de 2020. O Alcalde, Aquilino Domínguez Díaz.

PARADA PRORROGA ATA O 30 DE XUÑO O PLAZO DO PAGO DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS E O DO 4º TRIMESTRE DE AUGA E O RECIBO DE LIXO ATA O 31 DE MAIO

Luns, 04 Maio 2020 14:13

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez Díaz, acaba de promulgar un decreto con data de 30 de abril de 2020, no que dispón unha ampliación ata o 30 de xuño de 2020 do período de pago de xeito voluntario dos tributos locais de notificación individualizada do Imposto de Vehículos de tracción mecánica correspondente ó ano 2020 e do subministro de auga, correspondente ao 4º trimestre de 2019.

Asimesmo, a Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense acordou aprobar a ampliación do periodo de pago voluntario dos recibos de recollida de lixo do ano 2020 ata o 31 de maio de 2020. Para o pago de calquera destes recibo a través de entidade bancaria serán válidos os recibos xa emitidos por Catoure, non sendo necesaria a solicitude de outros novos.

O CONCELLO DE PARADA DE SIL PARALIZA TEMPORALMENTE A VIII CONVOCATORIA DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

Martes, 14 Abril 2020 15:51

Como consecuencia da situación derivada polo estado de alarrma e as medidas que conleva para loitar contra o COVID-19, a octava edición do Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil 2020, convocado polo concello de Parada de Sil, atópase paralizado temporalmente. Así seguirá ata tanto as autoridades correspondentes decidan o levantamento do estado de alarma. Dous días despois desa data, o concello de Parada de Sil aportará a información relativa á activación do mencionado certame literario a través da web municipal (www.paradadesil.es), así como calquera nova de interese sobre o mesmo.

O MUSEO DO CHOCOLATE CHEGOU ATA OS NENOS DO COLEXIO “SANTO ÁNGEL” DE OURENSE

Xoves, 12 Marzo 2020 17:39

Os alumnos de cuarto curso de primaria do colexio Santo Ángel de Ourense coñeceron as orixes e o funcionamento do Museo do Chocolate de Teimende, grazas á charla impartida por Rosa Casares, filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro da marca Chocolates Casares. Tanto Rosa como a sua irmá Loli, cederon a vella fábrica propiedade dos seus pais ó concello de Parada para que este o rehabilitara e poder abrilo ó público como Casa-Museo.

A ponente explicou ós rapaces o seu funcionamento, ademáis de facer un percorrido sobre a orixe do chocolate dende países de Centroáfrica ou América Latina, así como o percorrido que fai a materia prima ata chegar á fábrica de Teimende. Tamén a historia da fábrica, posta en marcha hai máis de cen anos polos seus antepasados, así como a elaboración do chocolate.

Os nenos amosaron moita curiosidade por todo o referido ó museo e ó chocolate e ó final degustaron e loubaron o produto comercializado polo propio museo, que lles ofreceu a conferenciante.

 
 

OITAVO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL. Convocatoria e Bases.

Luns, 03 Febreiro 2020 18:31
O Concello de Parada de Sil, grazas á doazón do catedrático e natural deste Concello D. Eugenio Prieto Pérez, convoca un concurso de  microrrelatos.
 
BASES:
1. Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión en contar e no uso da linguaxe, e por unha trama paradóxica e sorprendente.
 
2. Os microrrelatos son de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e serán orixinais e inéditos. Cada autor so poderá participar cun microrrelato.
 
3. A extensión do texto non excederá das 200 palabras, en formato DINA-4, a dobre espazo, tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.
 
4. A data de entrega rematará o 31 de marzo de 2020. Para os enviados por correo postal contarase como data de entrega a data da presentación na oficina de envío.
 
5. A presentación dos traballos poderase facer a través dos seguintes medios:
 
             I.  Correo electrónico dirixido a  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
pondo no asunto o título completo da obra. En dito correo adxuntaranse dous arquivos en formato Word:
  • O primeiro conterá a obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo.
  • O segundo titularase PLICA (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, e-mail e teléfono, título completo do microrrelato así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.
Tódalas plicas gardaranse nunha carpeta protexida e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima.
Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata o día de remate do prazo de entrega de microrrelatos ao concurso. Para calquera dúbida enviar correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
           II: Correo postal. Os traballos remitiranse por triplicado á seguinte dirección: “ Concurso Microrrelatos, Concello de Parada de Sil”, Praza Campo da Feira nº 1  32740  Parada de Sil Ourense. Os textos  enviaranse  tan só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) cerrado, incluirase unha ficha co título do relato, o autor, data de nacemento, dirección postal, e-mail e teléfono así como unha declaración xurada conforme que  o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.
 
6.- O Concello como organizador  designará ao xurado competente que estará presidido  polo catedrático e hispanista D. Antonio Carreño.
 
7.- O fallo do xurado farase público o 30 de abril  de 2020 e será inapelable.
 
8.- Dotación e fallo do premio:
     1º  Premio: 1.000 Euros
     2º Premio:     500 Euros
 
9.- A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 16 de maio de 2020.
 
10.- A inscrición neste certame  supón a total aceptación das bases.
 
11.-Tódalas persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil a utilización do relato citando ao autor o autora do mesmo.

Parada de Sil  28 de xaneiro de 2020
O  Alcalde
Aquilino Domínguez Díaz
 

A INSTALACIÓN DUNHA CALDEIRA DE BIOMASA NA FÁBRICA DA LUZ CONSOLIDA A APOSTA DE PARADA POLAS ENERXÍAS LIMPAS

Mércores, 13 Novembro 2019 16:26

O concello de Parada de Sil prosigue na sua aposta polas enerxías limpas coa instalación dunha caldeira de biomasa para dotar de calefacción e auga quente o complexo da Fábrica da Luz en Barxacova. A iniciativa conta coa cofinanciación do Instituto Enerxético de Galicia para proxectos de enerxías renovables térmicas, así como da Unión Europea a través do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, destinado a conseguir unha economía máis limpa e sostible: “unha maneir ade facer Europa”, segundo reza no seu eslogan.

O proxecto, aprobado polo concello o 26 de setembro pasado, consiste na instalación dunha caldeira de pellets, cun orzamento total de 28.575,36 euros, dos cuales a Administración autonómica achega a través do Feder 22.860 euros, que é o 80% do total, en tanto que o 20% restante apórtao o propio concello de Parada, cun investimento de 5.715 euros.

Os traballos para a instalación da caldeira de biomasa para esta infraestructura municipal están xa rematados, segundo o alcalde, Aquilino Domínguez, quen ademáis de agradecer o respaldo da Administración Autonómica, que “demostra que a colaboración institucional procura mellores servizos para os cidadáns”.

Domínguez apunta tamén que “se trata dunha consolidación da aposta clara do concello polas enerxías limpas, que ven a resolver unha eiva que tiñamos na Fábrica da Luz, que é un complexo recreativo-recreativo cultural que conta cunha importante actividade ó longo do ano”. “Porén, ata o de agora, debido á sua ubicación é a difícil orografía do lugar, apartado dos núcleos habitados, tiña algúns condicionantes, como a falla de suministro eléctrico”, afirma o rexedor, quen avanza que “seguiremos traballando para incrementar a dotación material nese lugar, e neste senso a nova caldeira de biomasa é un bon expoñente”.

(Imaxe da caldeira de biomasa instalada na Fábrica da Luz).

 
 

A AXENCIA DE CALIDADE ALIMENTARIA PROMOVE FORMACIÓN NOS SECTORES AGROGANDEIRO E FORESTAL PARA OS MOZOS DE PARADA

Martes, 12 Novembro 2019 16:50

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), en colaboración co concello de Parada de Sil,  ten convocada unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre nocións básicas para o aproveitamento sostible do souto. Esta iniciativa está destinada principalmente a persoas vencelladas profesionalmente cos sectores produtivos agrogandeiro, industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeireira, así como ás que conten con expectativas de incorporación ós mesmos, especialmente mozos e mozas do concello. Terá lugar o xoves 14 de novembro ás 16,00 horas, no salón de plenos do concello de Parada. A asistencia será libre para todos os interesados.

Os soutos, a castaña, o viño, a agricultura e a gandería, así como o sector forestal constitúen un sector con gran potencial dentro da producción sostible e sustentable. Parada, que conta con valiosos recursos en todos eles, ofrece unha oportunidade para que mozos e mozas do concello poidan atopar unha saída profesional con futuro, nun momento no que os mercados valoran especialmente os produtos naturais e autóctonos, para os que as terras do concello de Parada están abondosamente dotadas. O segredo está no coñecemento do medio e na competencia profesional na materia na que se pretenda iniciar a actividade.

(Souto pertencente á parroquia de Chandrexa).

AS XORNADAS MICOLÓXICAS CONSOLÍDANSE COMO UN REFERENTE DO OUTONO CULTURAL E GASTRONÓMICO DE PARADA

Venres, 08 Novembro 2019 11:17

A micoloxía gana terreo en Parada e consolídase como un territorio propicio para esta actividade, debido ás condicións naturais do territorio. Elo explica o éxito que están tentdo as Xornadas Micolóxicas, que este ano chegaron a oitava edición, dentro das actividades do outono que programa o Concello, e que neste caso teñen como centro de operacións a Fábrica da Luz. A xornada contou cunha notable participación de afeccionados e arrancou cunha charla arredor dos “Utilidades alternativas dos cogomelos: usos nutracéuticos, fabricación de coiros veganos e tintas ecolóxicas”. A continuación, houbo unha sesión de identificación dos cogomelos máis comúns no termo municipal de Parada.

Despois, sobre as doce tuvo lugar a saída dos participantes para buscar cogomelos polos espazos naturais do entorno, que servirían de base para un xantar de confraternización. Na sesión vespertina, tuvo lugar a identificación dalgunhas das especies recollidas.

O edil de Cultura, Francisco Magide, amosouse “moi satisfeito polo desenvolvemento da xornada e polo resultado. Os participantes desfrutaron da actividade e tamén “do colorido espectacular que se ofrece á vista ca caída da folla nos bancales de viñedo, dos castaños e o resto da riqueza vexetal existente”. Ademáis, sinalou Magide que, “a través das setas coñecemos outras cousas, xa que unha das que foron recollidas polos participantes, que non é comestible, “pero que funciona como un perfecto indicador de que o bosque e o medio se atopa en condicións óptimas, segundo apuntan os expertos, o cual é outro motivo de alegría para Parada”.

(Á esquerda, momento da identificación de cogomelos. Á dereita, variedade de seta non comestible, cuxa existencia revela o bó estado do monte).

PARADA DE SIL, SITUADO NUN PROGRAMA DE TVE COMO PUNTA DE LANZA NA PROMOCIÓN DA RIBEIRA SACRA PARA ACCEDER A PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Venres, 01 Novembro 2019 21:32

O programa “España directo” de TVE ofreceu o pasado 30 de outubro unha reportaxe sobre Parada de Sil, pondo o acento nos seus miradores (Balcós de Madrid), os bancales que acollen as cepas de viñedos milenarios, no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e o Museo do Chocolate de Teimende.

O documental dura 3 minutos e 21 segundos, nos que o autor do traballo describe con rigor e talento as virtudes de Parada apoiándose nas testemuñas de Diego Soto, Paco Magide e Xosé Antón Vázquez, convertíndose así nunha peza de promoción da Ribeira Sacra na andaina para ser designada Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco o ano próximo.

A reportaxe pode ser visionada na web de TVE, premendo na imaxe

 

CABEZOÁS OPTA A SER “PREMIO ESCENARIO 2019” DE GALICIA

Venres, 01 Novembro 2019 21:06

O Mirador de Cabezoás participa no “Premio Escenario 2019”, para escoller a mellor localización de Galicia, convocado polo clúster do turismo de Galicia. No certame participan 20 enclaves da Comunidade Autónoma, cinco por provincia. No caso de Ourense, son a vila de Ribadavia, o mosteiro de Oseira, Allariz, a Baixa Limia e a Ponte Vella de Ourense. A votación estará aberta ata o día 10 de novembro e ata o de agora, Cabezoás figura en terceiro lugar, detrás do mosteiro de Oseira e de Ribadavia, que está a gran distancia dos demáis aspirantes. Para votar, pódese facer a través da páxina web http://bit.ly/premiosgalicia_escenario.

 

A RAPAZADA DO COLEXIO DO DIVINO MESTRE DE OURENSE DESFRUTOU COA HISTORIA DO MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE

Venres, 01 Novembro 2019 19:21

Os alumnos e alumnas do colexio do Divino Mestre, de Ourense, disfrutaron coa historia da fábrica do chocolate da familia Casares que deu lugar logo ó actual Muso do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil. Rosa Casares, unha das fillas do último chocolateiro, Ricardo Casares, explicoulle  a todo o alumnado do centro educativo en duas xornadas o proceso de fabricación do chocolate, así como a procedencia das materias primas que se utilizan para a sua elaboración.

Todos amosaron vivo interés e curiosidade por unha iniciativa tan curiosa para eles, que sendo un produto tan familiar a maioría da xente descoñece cómo chega as mans dos consumidores. Finalmente, poideron degustar o chocolate do Museo de Teimende. Deuse a circunstancia de que ós poucos días desa experiencia, chegou unha familia ó museo acompañada dun neno que é alumno do colexio Divino Mestre. El mesmo explicoulles ós pais como se facía o chocolate e as distintas máquinas que se utilizan para elo, demostrando que había estado atento ás explicación no colexio. Os proxenitores, pola sua parte, indicaron que chegaron ata o Museo do Chocolate inducidos polo interese do rapaz en coñecelo “in situ”.

O 9 DE NOVEMBRO CELEBRARSE A ANDAINA DA CASTAÑA, NAS MODALIDADES PARA MAIORES E CATIVOS

Xoves, 24 Outubro 2019 17:00

O 9 de novembro terá lugar a decimoterceira edición da Andaina da Castaña, nas suas modalidades para maiores e cativos menores de doce anos. A primeira terá un trazado de 18,5 kilómetros de dificultade media-alta, e a segunda serán 3,5 kilómetros que discurrirán polos arredores do núcleo de Parada, como a ruta de interpretación da castaña e das carriozas, que contará con guía para explicar a sua historia e significación na vida local ó longo do tempo.

A andaina para adultos sairá de Parada ás 09,30 horas da Praza do Barquilleiro, o lugar habitual, e contará con controis de tempos máximos de paso e avituallamento na Sapeira (km. 5,0 da marcha), Os Torgás (km. 8,7), Mosteiro de Santa Cristina (km. 14,0), Castro (km. 16) e Parada, onde está fixado o remate da andaina. De seguido, os participantes terán xantar-picoteo e magosto.

O prezo de inscrición (con data tope o 6 de novembro) será de 12 euros por participante (9 para os federados de montañismo) e 5 euros para os menores con idades entre 12 e 18 anos (neste caso deberán ir acompañados por un familiar maior de idade). Pódese facer a través da páxina web www.championchipnorte.com ou no teléfono 616 516 238. Os inscritos tamén dará dereito a unha camiseta conmemorativa. A organización da proba corre a cargo do Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural Ouro do Sil.

Na proba para cativos poderán participar rapaces menores de 12 anos. Os maiores acompañantes pagarán 12 euros de inscrición, en tanto que para os pequenos será de balde. A saída da proba terá lugar as 11,00 h.

Pola tarde, a partir das 20,00 horas haberá festa do San Martiño en Sacardebois, organizada pola comisión de festas do pobo, que estará amenizada por unha orquesta, e na que se ofrecerán castañas, chourizos e viño de xeito gratuito.

O 3 DE NOVEMBRO CELEBRARANSE AS VIII XORNADAS DE MICOLOXÍA NA FÁBRICA DA LUZ

Sábado, 19 Outubro 2019 21:42

Xa metidos no corazón do outono, as últimas chuvias fixeron que proliferen os cogomelos pola Ribeira Sacra. Con tal motivo, dende a Fábrica da Luz, espectacular enclave ubicado á beira do río Mao e da pasarela sobre o mesmo, organizan a oitava edición das Xornadas Micolóxicas para descubrir máis sobre a micoloxía. Ademáis de aprender a identificar as especies máis común existentes na zona, os participantes na mesma sairán a buscar cogumelos, que servirán de base para o xantar a desfrutar despois.

Na xornada tamén se ensinarán usos alternativos para os fungos: nutracéuticos, fabricación de coiros veganos e tintas exóticas, entre outros usos e curiosidades que os expertos poderán contar ós asistentes arredor dos cogomelos. A participación na xornada é de balde, en tanto que o xantar custa 15 euros. Máis información e reservas: 988 984 990 - 679 060 509 - 696 481 987 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Fábrica da Luz, Barxacova s/n, 32741 Parada de Sil, Ourense. Cómo chegar? 42°22'29.5"N - 7°29'49.8"W - 42.374849, -7.497162

O GRUPO ENSEMBLE HOTTETERRE DARÁ UN CONCERTO NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA O 19 DE OUTUBRO

Luns, 14 Outubro 2019 17:17

O grupo Ensemble Hotteterre ofrecerá o próximo sábado, día 29 de outubro, un concerto no mosteiro de Santa Cristina ás 17,30 horas, organizado polo Concello de Parada de Sil, en colaboración da Fundación Vicente Risco e a Xunta a través do Xacobeo 2021, dentro da programación do próximo Ano Santo. A iniciativa leva por título “Ensemble Hotteterre no Camiño: A gaita de fole no barroco”. A formación está integrada por Paulo Gonçalves, que leva a dirección, ademáis de tocar a gaita de fole; Ánxela Vidal Trabada, gaita de fole; Xurxo Fernández, gaita de fole; Hugo Sanches, tiorba; e Xurxo Varela, viola de gamba.

O nome do grupo é un recoñecemento á figura de Jacques Martin Hotteterre, compositor e flautista francés do século XVIII, músico da corte de Luis XIV e Luis XV de Francia. Con grandes dotes como intérprete e compositor, formouse en Francia e Italia, chegando a convertirse nun dos músicos máis famosos da época no seu país. Paulo Gonçalves, impulsor de Ensemble Hotteterre, é un recoñecido intérprete de música culta ca gaita, que conta cunha dilatada traxectoria. Foi tamén o responsable de pór en marcha o Museo da Gaita de Fole de Barbadás, único das suas características en Galicia, por encargo do propio Concello.

O concerto obligará a pechar o mosteiro de Santa Cristina ó público durante o sábado día 19 de outubro.

PARADA ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA A VIII FEITA DA PISA E A FEIRA DE PRODUTOS LOCAIS

Domingo, 13 Outubro 2019 18:10

O Concello de Parada de Sil ultima os preparativos para a oitava edición da Festa da Pisa, así como da Feira de Produtos locais, que terán lugar o próximo sábado 16 de novembro en Purdeus e que rematará, como xa é tradición, co xantar popular da castaña. O programa dará comezo ás 11,30 horas da mañá, coa reacreación da pisa da castaña, na que se amosa o proceso tradicional da preparación das castañas secas, na que poderán participar as persoas visitantes que así o desexen. Paralelamente, entre as 11,00 e as 16,00 horas desenvolverase a feira de produtos locais, con casetas nas que se exporán para a sua venda viños, cervexa, marmeladas, queixo, pan ou bicas, entre outros produtos autóctonos da zona.

Ás 14,00 horas dará comezo o Xantar Popular da Castaña, cun menú a base de empanada, polbo, carne ó caldeiro, sobremesa típica de castañas, viño e café, a razón de 12 euros por persoa. Para a comodidade dos comensais, o xantar terá lugar baixo unha carpa con calefacción.

Para máis información e reservas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 988 208 010 – 689 683 713 de 11,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 19,00 horas. Para poder participar no xantar popular será obligatoria a reserva previa, con data límite xoves 14 de novembro.

DEPORTE E NATUREZA MARCAN O CALENDARIO LÚDICO DO OUTONO EN PARADA

Sábado, 14 Setembro 2019 17:12

As actividades de deporte e natureza marcan o calendario na primeira parte do outno en Parada de Sil, divididos en tres probas de prestixio, xa plenamente consolidadas polo alto número de participantes, que valoran os trazados respectivos, así como a beleza do entorno polos que discurren os itinerarios.

A primeira das probas terá lugar o próximo 22 de setembro, no que se celebrará a sexta edición da Ruta BBT Parada de Sil, en duas modalidades, unha de distancia longa, con 53 kilómetros a percorrer, e outra curta, con 38 kilómetros de percorrido.

A segunda está programada para o 20 de outubro e será a décimoterceira edición da Carreira por Montaña Canón do Sil, tamén coñecida como “A Decana”, que terá un percorrido de 33 kilómetros con 2.220 metros de desnivel positivo. Ainda haberá outras duas modalidades: a carreira media Canón do Sil, de 17 kilómetros e 950 metros de desnivel positivo, e a carreira mini e cadete Canón do Sil,  de 7 kilómetros e 370 metros de desnivel positivo.

A última das actividades de deporte e natureza terá lugar o nove de novembro, coa décimosegunda edición da Andaina da Castaña, cun percorrido de 18,5 kilómetros/PG-R 98, que terá a saída as 9,00 da mañán dende a Praza do Barquilleiro. A modalidade para cativos constará dunha ruta guiada de 3,5 kilómetros ás once da mañá pola ruta dos casatiñeiros e das carriozas.

 

A DECIMOTERCEIRA EDICIÓN DA CARREIRA DE MONTAÑA DO CANÓN DO SIL AGARDA ÓS MELLORES ATLETAS

Xoves, 12 Setembro 2019 23:30

 

O FESTIVAL “ESPAZOS SONOROS” OBRIGARÁ O PECHE DO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA Ó PÚBLICO O DOMINGO 8 DE SETEMBRO ATA AS 18 HORAS

Mércores, 04 Setembro 2019 19:25

A presencia do ciclo musical “Espazos sonoros”, que chega ó mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil despois de circular por outros lugares emblemáticos do patrimonio histórico galego e promovido pola Consellería de Cultura, obligará a pechar ó público o mosteiro de Santa Cristina o domingo día 8 de setembro ata as 18 horas.

Ese día, ás 12 da mañá dará comezo un obradoiro de achegamento á música antiga, de carácter participativo que este ano estará adicado á voz como instrumento. Neste contexto, está prevista unha actuación musical, na que músicos profesionais traballarán co público asistente -previamente inscrito- a preparación dun par de pezas para ser interpretadas conxuntamente co acompañamento instrumental.

O obradoiro está concebido para a participación de 70 persoas, feito que fai precisa a inscrición previa. O elenco de músicos está integrado por María Giménez (voz, fídula medieval e percusión), o tenor ourensán Eliseu Mera (voz), Felipe Rodríguez (frautas, chirimía), Uxía Delgado (corda pulsada), Pablo Ruibal (viola da gamba), todos eles moderados por Andrés Díaz.

 

6ª Ruta BTT Parada de Sil

Sábado, 24 Agosto 2019 10:21

O próximo 22 de setembro, celebrarase a sexta edición da Ruta BTT Parada de Sil.

Inscricións en www.magmasports.es

PARADA ACOLLE O DÍA 23 “MAXIA DE CATRO A CATRO” E O 24 A QUINTA EDICIÓN DO CERTAME DE CORAIS

Domingo, 18 Agosto 2019 22:57

A igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil acollerá o próximo día 24 a quinta edición do Certame de Corais, organizado polo concello dentro da programación do Verán Cultural que deu comezo o pasado 10 de agosto coa visita teatralizada no mosteiro de Santa Cristina baixo  o título de “O solpor no mosteiro”, e que seguíu a Feira de Artesanía, que tivo lugar o día 15 na Praza do Curtiñeiro, con exposición e venda de produtos locais e con degustación dos mesmos con carácter gratuito para os asistentes. Ámbalas duas actividades acadaron un notable éxito de participación.

O certame de corais terá lugar o sábado 24 a partires das 20 horas na igrexa de Santa Mariña, como xa é tradicional, contando coa participación de coros adultos e de xoves. O día anteriores, venres 23, está programada “Maxia de catro a catro”, dentro do programa “Ler conta moito”, con Pedro García Bugarín, que terá lugar na biblioteca do concello a partires das 18,00 horas, con entrada gratuita para os que desexen participar. É apto para todos os públicos e especialmente indicado para a rapazada.

Verán cultural 2019, programa de actividades

Domingo, 18 Agosto 2019 00:00

Programa de actividades culturais que terán lugar durante os meses de agosto, setembro e outubro, no noso concello.

O OURENSÁN AGUSTÍN SEVILLA E O JEREZANO FRANCISCO JAVIER DOMÍNGUEZ, GAÑADORES DO XII CONCURSO “ROSA PONS” DE FOTOGRAFÍA

Domingo, 11 Agosto 2019 00:49

(Foto gañadora na categoría "Visións de Parada de Sil", obra de Agustín Sevilla).

O fotógrafo ourensán Agustín Sevilla Briceño e o jerezano Francisco Javier Domínguez García, foron os gañadores do concurso “Rosa Pons” de fotografía nas categorías “Libre” e “Visións de Parada de Sil”, respectivamente, correspondente á duodécima edición, convocada polo concello de Parada do Sil co patrocinio de Camilo Yáñez Pons.  O premio de “Visións de Parada de Sil” está dotado con 800 euros e o da categoría libre, con 700. O segundo lugar na de “Visións” foi para Rosa Villar, unha paticipante xa clásica no certame, que lle suporá un premio de 300 euros, en tanto que o correspondente á categoría libre recaeu en Miguel Planells, de Banyoles (Girona), xa galardoado tamén en ocasións anteriores, que percibirá 200 euros.

Nesta ocasión bateuse o récord de participación, con 614 fotografías presentadas a concurso, das cuais case cincocentas pertenecen á categoría libre e o resto á de visións de Parada. Estas cifras significan que “o concurso está sobradamente consolidado”, segundo o alcalde, Aquilino Domínguez. Sinala o rexidor municipal que “entre as anécdotas da presente edición está a presencia dun concursante de Malasia, así como de varios países suramericanos como Perú, Bolivia, Venezuela, Brasil e Arxentina, entre outros”.

De España, concursaron fotógrafos de todas as comunidades autónomas, agás Baleares, sendo a participación máis numerosa -fóra de Galicia- Cataluña, Madrid e Andalucía.

O xurado estivo composto por Luís Baños, fotógrafo e empresario Audiovisual;  José Luis Diz Rodríguez, da asociación fotográfica Os Potiños, actuando como portavoz Xosé Antón Vázquez, da asociación cultural Ouro do Sil.

O concurso que ten como obxectivo fomentar a creatividade e dar a coñecer a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxísitca da Ribeira Sacra e nomeadamente do concello de Parada de Sil, pero tamén de calquera outra parte do mundo na versión de tema libre. Foi unha iniciativa que víu a luz en 2008 da man de Francisco Magide Bizarro, daquela alcalde de Parada de Sil e hoxe primeiro teniente de alcalde e concelleiro de cultura.

A entrega de premios está fixada para o o día 21 de agosto ás 19,30 horas no salón de plenos do concello de Parada de Sil. O alcalde, Aquilino Domínguez, quere agradecer “o traballo do xurado para cualificar a gran cantidade de fotografías presentadas, así como a financiación do certame por parte do empresario Camilo Yáñez, Pons, natural de Parada e afincado en Barcelona”.

(Á esquerda, primeiro premio en versión libre; á dereita, segundo premio na categoría "Visións de Parada de Sil).

(Á esquerda, segundo premio na categoría libre. Á dereita, o xurado, co alcalde e cos patrocinadores do premio, Camilo Yáñez Pons e a sua dona, na fila inferior).

 
 

VISITAS TEATRALIZADAS O 10 E O 30 DE AGOSTO RECREARÁN A VIDA NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA Ó LONGO DA HISTORIA

Martes, 30 Xullo 2019 16:05

Baixo a denominación de “O Solpor no Mosteiro”, os próximos días 10 e 30 de agosto terán lugar senllas visitas teatralizadas ó mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, na que os participantes estarán acompañados de guías ataviados de monxes co obxectivo de darlle maior realismo ó relato sobre a historia do recinto, que terán a sensación de trasladarse varios séculos atrás e entender mellor como era a vida do famoso e importante enclave relixioso.

Ámbalas dúas representación terán lugar a partires das 20,30 horas e a asistencia está limitada a 35 persoas, cun custe de 6 euros por persoa. A representación correrá a cargo do colectivo cultural “Platea Lua”, co patrocinio do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a colaboración do concello de Parada. A reserva anticipada de entradas poderá facerse a través de correo electrónico en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e tamén nos teléfonos 638 823 592 (de 10,00 a 17,00 horas) ou 617 557 961.

XII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PARADA DE SIL-ROSA PONS

Venres, 19 Xullo 2019 09:45

Un ano máis, Parada de Sil, convoca o concurso de fotografía ROSA PONS, que xa vai pola súa duodécima edición.
O certame, que conta co patrocinio de Camilo Yáñez Pons e a colaboración da Asociación Cultural Ouro do Sil, busca fomentar a creatividade e mostrar a diversidade, riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do noso concello, así coma difundir a arte da fotografía.


Ler bases en documento PDF

O prazo de presentación de traballos remata o 28 de xullo de 2019.

 

 

OS DEVOTOS DE SAN BENITO PROTAGONIZARON UNHA CONCURRIDA ROMARÍA EN SANTA CRISTINA

Xoves, 18 Xullo 2019 19:40

Os devotos de San Benito convertiron en éxito a tradicional romaría adicada ó santo no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no concello de Parada. Cerca de duascentas persoas se congregaron este ano no recinto. A misa solemne foi cantada pola coral “Aqua Música”, que goza dunha estreita relación co concello. Os participantes manifestaron a sua satisfacción polas reformas levadas a cabo no último ano, que permitiron mellorar os accesos ou dotar de nova cuberta ó mosteiro, segundo expresou o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que asistía ós actos por vez primeira como rexidor do concello.

Tanto na procesión como ó remate dos cultos relixiosos actuou a charanga “Escachapeitos”, para desfrute dos asistentes. A festa continuou pola tarde, coa presencia de “A Mirada Máxima” no camping de Castro. O alcalde quere amosar o seu agradecemento á Asociación de Voluntarios de Protección Civil, polo traballo desplegado para evitar atascos e facilitar o aparcamento dos vehículos.

Todo elo, fai que “a romaría do San Benito congregue cada ano a máis xente e se consolide como unha das grandes citas do verán en Parada”, segundo apuntou Aquilino Domínguez, que foi un dos encargados de portar o santo durante a procesión arredor do recinto relixioso.

 

A BIBLIOTECA DE MESOPOTAMIA INCORPORA ÓS SEUS FONDOS "O LIBRO DA RIBEIRA SACRA", DE EMILIO ARAÚXO

Mércores, 05 Xuño 2019 18:00

A Biblioteca de Mesopotamia incorporou ós seus fondos o “Libro da Ribeira Sacra”, de Emilio Araúxo, considerada unha das grandes obras da poesía contemporánea, imbricada no rural galego e nomeadamente no entorno da Ribeira Sacra. O acto organizado polo concello de Parada e a editorial Chan da Pólvora, tivo lugar na adega Ronsel do Sil, de Sacardebois, que dirixe a arquitecta e enóloga María José Yravedra e nel estiveron presentes, ademáis do propio Araúxo, o crítico literario Arturo Casas; Antón Lopo, director da Chan da Pólvora, e alma mater do proxecto da Biblioteca de Mesopotamia; o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Francisco Magide; o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; o presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e Celso Fernández Sanmartín, poeta e narrador oral, estreitamente vencellado á tradición que Araúxo representa, así como Yolanda Jácome, alcaldesa de Parada, e rexedores e concelleiros de cultura dos concellos da Ribeira Sacra, xunto con xentes do mundo da arte e a cultura.

A inclusión do “Libro da Ribeira Sacra” na Biblioteca de Mesopotamia, segundo Antón Lopo, consolida este proxecto como “un instrumento único en Galicia para crear sobre a xeografía da rexión silomiñota unha luminosa paisaxe literaria”.

Como é habitual xa nos actos da Biblioteca foron nomeados novos bibliotecarios de honra, que nesta ocasión foron María José Yravedra, propietaria de Ronsel do Sil; Braulio Vilariño, impulsor do Instituto de Estudos Ulloáns; e Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University e fillo predilecto de Parada. Como bibliotecarios directos entraron Arturo Casas, Francisco Magide e máis Emilio Araúxo. Entre os bibliotecarios de honra figuran a académica e catedrática Margarita Ledo, Claudio Rodríguez Fer, Francisco Albo, Roberto Varela, Elba Rei ou Olga Novo.

“O Libro da Ribeira Sacra”, é un volumen de case cincocentas páxinas, coidadosamente deseñado e incorporando elementos que redimensionan e encadran a obra. Por un lado, unha introducción de Arturo Casas, o máis prestixioso crítico literario galego, que da as claves da obra e da traxectoria do seu autor. Pola outra, a fotografía do monfortino Manuel Valcárcel. O resultado é un libro que é máis que a cartografía da rexión dos dous ríos, máis que o espazo histórico dunha comunidade e do seu idioma; tamén máis que a voz dunha cultura en extinción rescatada polo autor a través do sorriso e a emoción vibrante.

O autor, Emilio Araúxo, amosou a sua ledicia pola iniciativa, por cuanto contribúe a pór en valor a vida das xentes e o espazo da Ribeira Sacra e nomeadamente de Parada, a través da poesía, que é o canal ó través do que o escritor conduce as sensacións que lle xera a vivencia entre os homes e mulleres afincados nos pobos.

O obxectivo da Biblioteca de Mesopotamia é reconstruir unha paisaxe literaria sobre a xeográfica e apontoar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Trátase dun selo editorial impulsado por Chan da Pólvora Editora, co apoio do boa parte dos concellos da rexión, como Parada de Sil, O Courel, O Incio, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Quiroga, Ribas de Sil, Pobra do Brollón e Castro Caldelas, as deputacións de Lugo e Ourense, a Xunta, así como distintas entidades.

Á esquerda, Francisco Magide na presentación do acto. No centro, Emilio Araúxo, e a dereita o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a suas respectivas intervencións.

PARADA DISPORÁ DE WIFI GRATIS Ó INTEGRARSE O CONCELLO NUN PROGRAMA EUROPEO

Luns, 20 Maio 2019 23:06

Parada de Sil disporá de WiFi gratis para os usuarios despois de que o concello se integrara no programa WiFi4EU, no que a Comunidade pretendía ofertar a 9.000 concellos de toda a Unión Europea a posibilidade de ter WiFi gratis, cunha velocidade mínima de 30 Mbps. Decenas de miles de pobos solicitaron formar parte deste proceso, que vai concedendo axudas en fases sucesivas. Na que acaba de porse en marcha agora incorpóranse 510 pobos de todo o Estado español, entre os que figura Parada de Sil. Súmanse aos 224 anteriores que xa dispuñan de conexión inalámbrica gratuita a internet en espazos públicos fixados polos concellos respectivos, dentro do mentado programa comunitario.

O programa consiste na concesión dunha axuda de 15.000 euros a cada concello beneficiado para pór un punto de acceso WiFi. Os 224 pobos españoles que entraron na primeira fase recibiron 3,36 millons de euros, coa obriga por parte de cada concello de asumir o mantemento da infraestructura, pagar a cuota de internet ó operador correspondente e manter a rede en funcionamento durante un período mínimo de tres anos.

Fronte ós 2.800 concellos seleccionados na primeira fase da iniciativa, na segunda ascenderon a 3.400, cun investimento previsto de 51 millóns de euros, dos cuales un 15 por cento corresponden a España. En Galicia son doce os concellos incluidos, a metade pertencentes á provincia de A Coruña: Abegondo, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Valdoviño e Vimianzo; tres a Pontevedra: Sanxenxo, Tomiño e Vigo; dous en Ourense: Parada de Sil e Ribadavia; e Lugo, so un, que é o de Vilalba.

Ademáis dos 510 seleccionados en España nesta segunda fase figuran outros 15 máis en condición de reservas, para cubrir posibles Baixas. En Galicia so está incluido o de Castro Caldelas.

O CONCELLO PROPÓN ARMONIZAR O ACCESO RODADO A SANTA CRISTINA PARA EVITAR COLAPSOS DE TRÁFICO

Luns, 20 Maio 2019 22:56

O importante incremento no  número de visitantes ó mosteiro de Santa Cristina está levando ó concello a considerar medidas para armonizar o tráfico de vehículos para evitar o colapso, dadas as dificultades do trazado da estrada en casos de afluencia intensa, como a saturación das prazas de aparcamento seguras á beira do mosteiro. O concello pretende que o enclave tur¡stico de referencia na Ribeira Sacra Manteña o fluxo de visitantes, pero mantendo as condición mínimas de seguridade no tráfico e aparcamento de coches. A primeira destas medidas consiste na petición de que se absteñan de baixar os autobuses de gran tamaño (de 13 metros ou máis), debido ás dificultades que xeran nas fases de maior afluencia. Neste senso, o concello estuda alternativas que poidan aportar solucións efectivas a esta situación.

Hai que lembrar que na última Semana Santa achegáronse ó recinto monumental catro mil persoas en tan so cinco días, cantidade moi superior á capacidade dos accesos.

O ESCRITOR CUBANO LUIS MANUEL GARCÍA MÉNDEZ GAÑA A SÉPTIMA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS “RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL”

Martes, 30 Abril 2019 22:41

O escritor cubano afincado en Toledo, Luis Manuel García Méndez, autor de numerosas publicacións e premio Casa das Américas en 1992, alzouse co premio da séptima edición do concurso de microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, que conta cunha dotación económica de 1.000 euros. O nome do ganador, que o xurado fixo público onte, saiu despois dunha longa deliberación, debida ó alto nivel dos participantes na presente convocatoria do concurso.

Ó concurso concurriron case seiscentos traballos, calificados polo xurado presidido, como é habitual, por Antonio Carreño, catedrático emérito da estadounidense Brown University, e integrado polo catedrático de Lingua, Arturo Fernández; e o inspector de Educación e escritor Delfín Caseiro.

En segundo lugar quedou Irene Sandra Lourido, de Santiago de Compostela co microrrelato titulado “Composición”, dotado con 700 euros, en tanto que o terceiro premio foi para Juan Antonio Trillo López de Granada, tamén con obra publicada, que presentou o traballo “El ciclo de la vida” e dotado con 300 euros.

O alcalde en funcións, Aquilino Domínguez, amosou a sua satisfacción tanto polo nivel de participación acadado polo concurso, que conta xa con nome propio no panorama dos concursos no panorama literario español. O rexedor suliñou tamén o nivel dos traballos presentados, agradecendo o traballo altruista do xurado “que adicou moitas horas á corrección e valoración dos traballos”, así como “a Eugenio Prieto, catedrático de Matemáticas e investigador de gran prestixio na universidade, orixinario de Parada, que financia o concurso dende a sua creación”.

                A entrega de premios terá lugar nun acto público que terá lugar no concello de Parada de Sil o día 11 de maio ás 11,30 horas e no que con motivo da efeméride das Letras Galegas se adicará unha homaxe o xornalista ourensán Lalo Pavón.

O CHOCOLATE DE TEIMENDE CHEGA Á REXIÓN ITALIANA DO PIAMONTE

Venres, 19 Abril 2019 17:01

O chocolate da Casa Museo de Teimende está abrindo mercados debido á gran aceptación por parte de quenes teñen a oportunidade de probalo. Os turistas que o adquiren durante a sua visita ó museo adoitan levalo para os seus lugares de orixe, para repartir entre familiares e amigos. Froito desta promoción espontánea chegou ata o Piamonte, rexión transalpina do noroeste de Italia, a onde o levoron técnicos responsables do proxecto CRInMA sobre recursos culturais en áreas de montaña nesa rexión italiana, que visitaron Ourense o ano pasado, con outros socios de Polonia, Eslovaquia, Francia e Portugal, que xunto co Xurés ourensán forman parte do mesmo.

Na axenda paralela ós encontros mantidos naquela ocasión, visitaron Ribeira Sacra e nomeadamente Parada de Sil. Un dos puntos que lles chamou a atención foi a Casa do Chocolate de Teimende, facendo acopio de tabletas que alí se venden para levalas como presente para os seus puntos de orixe. Agora, con motivo doutro encontro de traballo entre os socios do mentado programa comunitario celebrado recentemente na provincia de Cuneo, nos Alpes italianos, os anfitrións pedíronlle ós técnicos ourensáns membros do proxecto CRInMa que levasen chocolate de Teimende, que como xa sucedera cando o cataron en Teimende, recibiu entusiastas parabens polo seu sabor, feito destacable en cuanto que os degustadores son dunha rexión con tradición chocolateira, xeográficamente próxima ó leste francés e a Suiza, que teñen no chocolate un dos seus produtos estrela.

AGASALLO NUPCIAL

Por outra parte, o chocolate de Teimende tamén foi utilizado por unha parella de noivos como agasallo no convite posterior á ceremonia do seu casamento, que tivo lugar en Allariz, con invitados chegados de distintos puntos de España. O presente foi louvado con xenerosidade por quenes o probaron, mentres demandaban información adicional sobre a sua procedencia.

Á esquerda, tableta de chocolate de Teimende na reunión de Cuneo, na Alta Langa, pertencente ó Piamonte italiano. Á dereita, os agasallos co nome dos noivos, listos para entregar ós invitados.

PARADA COMPITE CON NOVE LOCALIDADES DE TODA ESPAÑA POLO TÍTULO DE CAPITAL DO TURISMO RURAL 2019

Mércores, 03 Abril 2019 19:09
 
O concello de Parada está incluida entre as dez localidades españolas que compiten polo título de Capital do Turismo Rural 2019. A gañadora coñecerase o próximo 9 de maio e as votacións para respaldar a algunha das candidatas estará aberta ata o próximo 28 de abril. A candidatura de Parada é a única de Galicia e enfróntase á localidades tan emblemáticas e tanta zona pola sua beleza como a castelán-manchega de Almagro; Buñol, en Valencia; Cangas del Narcea, en Asturias; La Hiruela, en Madrid; Montblanc, en Tarragona; Navaluenga, en Ávila; Santillana del Marz, en Cantabria; Setenil de las Bodegas, en Cádiz e Trujillo en Cáceres.
 
Para os interesados en votar, poden facelo a través de internet, entrando na páxina web https://www.escapadarural.com/capital-turismo-rural ou a través da páxina web da Deputación (www.depourense.es), na que ó fondo aparece un enlace coa páxina anterior.
 
Para os responsables do concello, ser gañadores sería moi importante para Parada, ainda que admiten que o feito de figurar mesa nómina de pobos e vilas tan importantes e recoñecidas dentro e fóra de España, xa constitúe un éxito considerable.
 

O MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIÓNASE NOS COLEXIOS DE BOBORÁS E MARISTAS DE OURENSE

Xoves, 21 Marzo 2019 20:49

Os alumnos de todos os cursos do CEIP de Boborás e de primeiro e segundo cursos de Primaria dos Maristas de Ourense acolleron senllas sesión de promoción do Museo do Chocolate de Teimende, a cargo Loli e Rosa Casares, fillas dos últimos donos da fábrica dos Chocolates Casares, actualmente cedida ó concello de Parada e reconvertida en Casa-Museo. As actividades consistiron na explicación e visión do material utilizado no proceso de elaboración do chocolate, países de orixe do chocolate e do cacao, historia, materias primas e ingredientes. Asimesmo, visionaron un pequeno vídeo explicativo e unha presentación para acompañar visualmente os contidos.

Ó remate das explicacións, a rapazada degustaron con grande alegría unha mostra do chocolate que se vende no Museo, agasallo do concello de Parada, como é costume en todas as actividades de promoción. Os alumnos seguiron con moita atención as explicación e fixeron comentarios e preguntas sobre cuestións relativas ó chocolate, sobre ás que xa tiñan algúns coñecementos, traballados en clases previas cos seus respectivos profesores co obxecto de facilitar a comprensión global dun proceso tan descoñecido e que en Parada foi tan característico grazas ó labor da fábrica de Teimende que funcionou durante case un século, sempre en mans da familia Casares. Ricardo Casares, pai das divulgadoras do Museo, foi o último chocolateiro da saga e verdadeiro impulsor da fábrica, que tiña o seu principal mercado no sur da provincia de Lugo e o norte, leste e sur da provincia de Ourense.

Nas duas fotos da esquerda, Loli Casares, con alumnos e alumnas de Boborás. Nas da dereita, Loli Casares e Rosa Casares co alumnado de Maristas.

A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE A VELUTINA O DÍA 30 DE MARZO EN ALLARIZ

Xoves, 21 Marzo 2019 19:38

A Asociación Galega de Apicultura, xunto co Concello de Allariz e a Fundación Ramón González Ferreiro, organiza unha xornada sobre a vespa velutina, que terá lugar o próximo 30 de marzo na sede da Fundación Ramón González Ferreiro en Paciños (Allariz). A participación é aberta para todo o público interesado ata completar o aforo. O prezo será debalde, logo da inscripción e o xantar costará 8 euros, pero é preciso reservar con anterioridade. A inscrición estará aberta ata o 27 de marzo, tanto para asistir á xornada como para participar no xantar, e poderase facer por email ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981 508 142.

O programa consta de catro ponencias, unha presentación dee modelos de arpas eléctricas e unha exposición. Dará comezo ás 10 da mañá, coa intervención de Joaquín Lozano, veterinario de AGA, que falará sobre o ciclo biolóxico e comportamento da vespa velutina, en tanto que Suso Asorey, biólogo e voceiro da AGA disertará sobre “O que aínda non sabemos da vespa velutina”. Ás 11, “Estratexias de loita: trampeo, protección das colmeas e retirada de niños”: “Trampeo preventivo e selectivo”, por José María Bello, de DAGA Morrazo; “Protección das colmeas coas arpas eléctricas”, por Rafa Díaz, de DAGA Ferrolterra; “A retirada de niños”, por Miguel Ángel López, de Protección Civil de Allariz. Ás 13 horas dará comezo a última ponencia da mañá, co Obradoiro sobre elaboración e uso de trampas (farase por grupos ata cubrir o aforo das aulas).

Pola tarde, ás 16 horas, “Loita institucional: asociacionismo e Plataforma Stop Velutina, por Pepe Torres e Paula Souto, da directiva da AGA. Ás 16,30, presentación dos diferentes modelos de arpas eléctricas, por parte de constructores e empresas especializadas; ás 17,30, Obradoiro sobre manexo das colmeas e uso das arpas eléctricas, tamén por grupos ata cubrir o aforo das aulas).

A exposición contará con información xeral sobre o tártago asiático, constructores de arpas eléctricas e otras ferramentas de loita. Participan, Eugenio Pichel, Fernando Cores, Apiyago, Benigno Fernández, Apícola Regueira e Vel-Zapper. Para máis información: www.apiculturagalega.es, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 981 508 142 – 630 069 637.

O VESPA CLUBE VERÍN ORGANIZA UN PASEO POLO CANÓN DO SIL PARA VESPAS E MOTOS CLÁSICAS O 13 DE ABRIL

Xoves, 21 Marzo 2019 18:27

O Vespa club Verín está organizando un paseo para aficionados ó mundo das vespas e motos clásicas, que pasará, entre outros concellos polo de Parada de Sil, o próximo 13 de abril, sábado previo á Semana Santa. O evento consiste nunha ruta de 200 quilómetros,  con saída no polígono industrial de Pereiro de Aguiar as 10:00 da mañán e chegada ó mesmo lugar. No transcurso da mesma os participantes visitarán o Canón do Sil e o alto da estación de montaña de Manzaneda. A proba está organizada para un máximo de 200 participantes. Para inscricións, información ou dúbidas, serán atendidas no teléfono 669894046.

O CONCELLO CONVOCA A XII EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “ROSA PONS FÁBREGAS”

Xoves, 07 Marzo 2019 21:40
O concello de Parada de Sil ven de convocar a XII edición do concurso fotográfico “Rosa Pons Fábregas”, patrocinado polo seu fillo Camilo Yáñez Pons, en memoria da que fora senlleira mestre neste concello, e que contará coas duas modalidades habituais: Visións de Parada de Sil, por unha parte, e outra aberta a temática libre. O último día para a presentación de traballos será o día 28 de xullo de 2019, en tanto que o xurado dará a coñecer o seu fallo o día 9 de agosto seguinte.
 
O certame está dotado dos seguintes premios: Para a modalidade Visións de Parada de Sil, un primeiro premio de 800 euros, e un segundo de 300. Na modalidade libre, o primeiro premio ten asignada unha cuantía de 700 euros, e o segundo, 200. A partires do 15 de agosto quedará aberta unha exposición no salón de plenos do Concello composta por unha selección das obras presentadas ó concurso.
 
 

PARADA DE SIL BUSCA A EXCELENCIA NA ATENCIÓN ÓS TURISTAS CUNHA GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PIONEIRA

Sábado, 02 Febreiro 2019 19:40

O Concello de Parada de Sil quere acadar a excelencia no trato ós turistas que se achegan ata os enclaves de interés do municipio, a base de uniformizar a estratexia dos profesionais cos que estes entran en contacto, pero tamén cos veciños en xeral. Para elo editou unha novedosa Guía de Boas Prácticas, convertida en instrumento para mellorar o valor ofrecido ó cliente con experiencias que diferencien e potencien a personalidade e o posicionamento do territorio de Parada.

Para elo, segundo explicaron en rolda de prensa a alcaldesa, Yolanda Jácome, e o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, “unha boa práctica deve comezar por coñecer os recursos cos que contamos, valoralos e saber transmitilos ao visitante para que disfrute da súa estancia entre nós e sexan mentores ou mentoras das bondades e do bon trato que dispensamos a cantos se achegan o concello”, segundo afirmou, lembrando que un dos primeiros problemas a resolver en boa parte da sociedade galega, ainda que “en Parada xa o temos case superado”, é “crer nos nosos propios recursos” e gabarse deles. Trátase dun tríptico baixo o título xenérico de “Manual de Boas Prácticas. Camiñando cara a excelencia”, concebido e elaborado pola empresa Filbotei Comunicación, cun deseño do estudio BE-DO, que lle confire un aspecto sinxelo e ameno e de fácil consulta. Este manual, segundo o concelleiro de Cultura será repartido entre os negocios locais e tamén entre a poboación en xeral.

Entre os obxectivos principais da Guía figuran a promoción das boas prácticas na xestión da actividade económica vencellada ó turismo, protección e conservación do abundante e variado patrimonio, fomento entre os visitantes do aprecio e respecto pola nosa riqueza e contribuir a que “quenes nos visitan vivan experiencias que os motiven a repetir e se convirtan en aliados nosos espallando as bondades que atoparon”, segundo o concelleiro de Cultura.

APOSTA POLO PATRIMONIO

En palabras da alcaldesa, a Guía de Boas Prácticas “é consecuencia de dez anos de traballo no que se foron poñendo as bases para a xeración dunha economía sostible e rendible a base de facilitar condicións axeitadas para o asentamento de empresas no sector da agroalimentación: castañas, viño e licores, fundamentalmente, xunto co da hostelería”.

Paralelamente impulsamos a promoción de Parada na sua condición de corazón da Ribeira Sacra, poseedora dun incalculable patrimonio histórico, cultural e natural nas ladeiras do Sil e o Mao. Neste senso, temos como santo e seña o Mosteiro de Santa Cristina, Os Balcóns de Madrid ou os miradoiros de Triguás, Cabezoás e Castro; a Fábrica da Luz e a Pasarela do Mao, ou a área recreativa de Pradomao. En 2015 incorporamos ó noso acervo a Casa-Museo do Chocolate de Teimende, única da sua categoría en Galicia, montado na antiga fábrica de chocolates da familia Casares, hoxe cedida ó Concello. Todos eles son enclaves de referencia hoxe no turismo rural, cada vez máis arraigado na sociedade.

Todo elo foi xerando un importante fluxo de visitantes que deron lugar a apertura de novos establecementos e negocios que xeraron movemento económico e detiveron a deriva de esmorecemento na que estábamos inmersos.

“Como os recursos económicos son sempre escasos -manifestou Yolanda Jácome-, e o número de turistas se incrementaba exponencialmente –para pór so un exemplo, baste dicir que Santa Cristina recibe case 50.000 visitantes anuais-, fomos conscentes de que para manter ese fluxo era preciso esmerar a atención a quenes se achegaban ata nós. Por elo, hai xa catro anos organizamos unha xornada aberta para hostelería e empresas, pero aberta á poboación, na que se trataba de chegar á conciencia colectiva, sobre a importancia do que estaba a acontecer”.

Lembrou a rexidora de Parada que “nestes momentos recibimos un alto número de turistas e contamos cunha infraestructura crecente, respaldada polas accións de promoción do patrimonio histórico, cultural e natural do concello, que se atopa no corazón da Ribeira Sacra, que nestes momentos está declarado BIC e aspiramos a que logo poida ser Patrimonio da Humanidade”. Así que “queremos persistir nesa laboura, porque o éxito é posible na medida en que cada un poñamos de nosa parte o mellor. E estamos seguros de que o imos lograr”.

O AGADER SUBVENCIONARÁ A MODERNIZACIÓN DE PEQUENAS EMPRESAS NON AGRARIAS

Mércores, 23 Xaneiro 2019 18:56

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), publicará no Diario Oficial de Galicia o 28 de aneiro unha nova  convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

A convocatoria será moi similar a publicada no ano 2018 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas). A principal diferencia é que terá carácter anual.

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3.       Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

Proxectos Subvencionables:

a)            Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b)            Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €. 

c)            Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos

d)            Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).

e)            Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f)             Artesanía e actividades artesanais.

g)            Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h)            Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i)             Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Gastos Non subvencionables:

a)            Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1000 €

b)            Material funxible en xeral.

c)            Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.

d)            A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).

e)            Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.

f)             Traídas e acometidas de servizos.

g)            Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.

h)            Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.

i)             Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.  

j)             Deseño e/ou actualización de páxinas web.

k)            A compra de vehículos de transporte exterior, así como a compra de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.

l)             Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.

m)          Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

n)            Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.

o)            Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).

p)            A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.

q)            As taxas por licenzas administrativas.

r)             O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.

s)            Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

t)             Os xuros debedores.

u)            Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros”.

v)            Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.

Importe da Axuda

45%dos gastos subvencionables.

Para calquera dúbida os promotores poden pórse  en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 - 981542690

 

 

 

O AGADER SUBVENCIONARÁ A MODERNIZACIÓN DE PEQUENAS EMPRESAS NON AGRARIAS

Mércores, 23 Xaneiro 2019 18:56

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), publicará no Diario Oficial de Galicia o 28 de aneiro unha nova  convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

A convocatoria será moi similar a publicada no ano 2018 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas). A principal diferencia é que terá carácter anual.

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3.       Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

Proxectos Subvencionables:

a)            Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b)            Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €. 

c)            Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos

d)            Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).

e)            Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f)             Artesanía e actividades artesanais.

g)            Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h)            Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i)             Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Gastos Non subvencionables:

a)            Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1000 €

b)            Material funxible en xeral.

c)            Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.

d)            A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).

e)            Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.

f)             Traídas e acometidas de servizos.

g)            Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.

h)            Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.

i)             Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.  

j)             Deseño e/ou actualización de páxinas web.

k)            A compra de vehículos de transporte exterior, así como a compra de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.

l)             Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.

m)          Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

n)            Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.

o)            Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).

p)            A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.

q)            As taxas por licenzas administrativas.

r)             O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.

s)            Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

t)             Os xuros debedores.

u)            Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros”.

v)            Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.

Importe da Axuda

45%dos gastos subvencionables.

Para calquera dúbida os promotores poden pórse  en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 - 981542690

 

 

 

AXUDAS PARA PEQUENAS EMPRESAS DO RURAL ADICADAS A ACTIVIDADES NON AGRARIAS

Luns, 21 Xaneiro 2019 23:59

A Axencia Galega de Desenvolvemento Local (Agader) publicará o 28 de xaneiro de 2019, a través do DOG, unha nova  convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

Os proxectos poderanse localizar en calquera territorio de Galicia, agás nas seguintes parroquias :

 

Parroquia

Concello

Parroquia

Concello

TEMPLE (EL) (SANTA MARIA)

A Coruña

OURENSE

Ourense

CORUÑA (A)

A Coruña

MONTEALEGRE (LA MILAGROSA)

Ourense

OZA (SANTA MARIA DE)

A Coruña

VISTA FERMOSA (SAN XOSE)

Ourense

VIÑAS (SAN CRISTOBAL DAS)

A Coruña

PONTEVEDRA

Pontevedra

VISMA (SAN PEDRO DE)

A Coruña

LEREZ

Pontevedra

ALMEIRAS (SAN XIAN)

Culleredo

MOURENTE

Pontevedra

BURGO (O) (SANTIAGO)

Culleredo

SALCEDO

Pontevedra

RUTIS (SANTA MARIA)

Culleredo

VIRXE DO CAMIÑO (A)

Pontevedra

FERROL

Ferrol

POIO (SAN SALVADOR P.)

Poio

TRASANCOS (SANTA ICIA)

Ferrol

VIGO

Vigo

NARON

Narón

ALCABRE

Vigo

PERILLO (SANTA LEOCADIA)

Oleiros

CANDEAN

Vigo

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago Compostela

CASTRELOS

Vigo

SANTIAGO (SAN CAETANO)

Santiago Compostela

COMESAÑA

Vigo

SANTIAGO (SAN LAZARO)

Santiago Compostela

FREIXEIRO

Vigo

SANTIAGO (SAN XOAN DE FORA)

Santiago Compostela

LAVADORES

Vigo

LUGO

Lugo

NAVIA

Vigo

VALENZA (A) (SAN BERNABE)

Barbadás

SARDOMA

Vigo

 

 

TEIS

Vigo

 

 

A convocatoria será moi similar a publicada no ano 2018 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas ). A principal diferencia é que terá carácter anual.

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3.       Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

Proxectos Subvencionables:

a)            Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b)            Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €. 

c)            Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos

d)            Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).

e)            Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f)             Artesanía e actividades artesanais.

g)            Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h)            Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i)             Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

 

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, serán subvencionables:

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

 

Gastos Non subvencionables:

a)            Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1000€

b)            Material funxible en xeral.

c)            Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.

d)            A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).

e)            Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.

f)             Traídas e acometidas de servizos.

g)            Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.

h)            Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.

i)             Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.  

j)             Deseño e/ou actualización de páxinas web.

k)            A compra de vehículos de transporte exterior, así como a compra de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.

l)             Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.

m)          Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

n)            Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.

o)            Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).

p)            A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.

q)            As taxas por licenzas administrativas.

r)             O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.

s)            Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

t)             Os xuros debedores.

u)            Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros”.

v)            Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.

 

Importe da Axuda

45%dos gastos subvencionables

 

Para calquera dúbida os promotores poden pórse  en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 - 981542690

 

 

 

AXUDAS PARA PEQUENAS EMPRESAS DO RURAL ADICADAS A ACTIVIDADES NON AGRARIAS

Luns, 21 Xaneiro 2019 23:59

A Axencia Galega de Desenvolvemento Local (Agader) publicará o 28 de xaneiro de 2019, a través do DOG, unha nova  convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

Os proxectos poderanse localizar en calquera territorio de Galicia, agás nas seguintes parroquias :

 

Parroquia

Concello

Parroquia

Concello

TEMPLE (EL) (SANTA MARIA)

A Coruña

OURENSE

Ourense

CORUÑA (A)

A Coruña

MONTEALEGRE (LA MILAGROSA)

Ourense

OZA (SANTA MARIA DE)

A Coruña

VISTA FERMOSA (SAN XOSE)

Ourense

VIÑAS (SAN CRISTOBAL DAS)

A Coruña

PONTEVEDRA

Pontevedra

VISMA (SAN PEDRO DE)

A Coruña

LEREZ

Pontevedra

ALMEIRAS (SAN XIAN)

Culleredo

MOURENTE

Pontevedra

BURGO (O) (SANTIAGO)

Culleredo

SALCEDO

Pontevedra

RUTIS (SANTA MARIA)

Culleredo

VIRXE DO CAMIÑO (A)

Pontevedra

FERROL

Ferrol

POIO (SAN SALVADOR P.)

Poio

TRASANCOS (SANTA ICIA)

Ferrol

VIGO

Vigo

NARON

Narón

ALCABRE

Vigo

PERILLO (SANTA LEOCADIA)

Oleiros

CANDEAN

Vigo

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago Compostela

CASTRELOS

Vigo

SANTIAGO (SAN CAETANO)

Santiago Compostela

COMESAÑA

Vigo

SANTIAGO (SAN LAZARO)

Santiago Compostela

FREIXEIRO

Vigo

SANTIAGO (SAN XOAN DE FORA)

Santiago Compostela

LAVADORES

Vigo

LUGO

Lugo

NAVIA

Vigo

VALENZA (A) (SAN BERNABE)

Barbadás

SARDOMA

Vigo

 

 

TEIS

Vigo

 

 

A convocatoria será moi similar a publicada no ano 2018 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas ). A principal diferencia é que terá carácter anual.

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3.       Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

Proxectos Subvencionables:

a)            Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b)            Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €. 

c)            Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos

d)            Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).

e)            Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f)             Artesanía e actividades artesanais.

g)            Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h)            Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i)             Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

 

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, serán subvencionables:

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

 

Gastos Non subvencionables:

a)            Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1000€

b)            Material funxible en xeral.

c)            Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.

d)            A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III).

e)            Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.

f)             Traídas e acometidas de servizos.

g)            Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.

h)            Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.

i)             Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.  

j)             Deseño e/ou actualización de páxinas web.

k)            A compra de vehículos de transporte exterior, así como a compra de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.

l)             Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.

m)          Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

n)            Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.

o)            Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).

p)            A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.

q)            As taxas por licenzas administrativas.

r)             O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.

s)            Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

t)             Os xuros debedores.

u)            Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros”.

v)            Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.

 

Importe da Axuda

45%dos gastos subvencionables

 

Para calquera dúbida os promotores poden pórse  en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 - 981542690

 

 

 

SÉPTIMA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-CONCELLO DE PARADA DE SIL

Mércores, 09 Xaneiro 2019 23:43

O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático D. Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos de acordó coas seguintes

BASES:

1. Os autores han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe,ademais dunha trama paradóxica e sorprendente.

2.  Os microrrelatos son de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e serán orixinais e inéditos. Cada autor só poderá participar con un microrrelato.

3.  A extensión do texto non excederá as 200  palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, e tipo de letra TimesNew Roman de 12 puntos.

4. O prazo de entrega finaliza o  3 de marzo de 2019.Para os enviados por correo postal contarase como fecha de entrega a fecha da presentación na oficina de envío.

5.  A presentación dos traballos poderase facer a través dos seguintes medios:

I.  correo electrónico dirixido a   Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. poñendo en asunto o título completo da obra. En dito correo adxuntaranse dous arquivos en formato Word:

       -O primeiro conterá  obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo  

       -O segundo titularase PLICA (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a consurso é orixinal e inédito.

Todas as plicas se gardarán nunha carpeta protexida e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima.

Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata a data de finalización do prazo de entrega de microrrelatos ó concurso. Para calquer dúbida enviar correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

II. Correo postal. Os traballos remitiranse por triplicado ao seguinte enderezo:  “Concurso Microrrelatos, Concello de Parada  de Sil”,  Praza Campo da Feira nº 1  32740  Parada de Sil  Ourense. Os textos enviaranse só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, autor, data de nacemento, enderezo postal, email e teléfono así como unha declaración xurada conforme o traballo remitido a consurso é orixinal e inédito.

6. O concello como organizador designará o xurado competente que estará presidido polo catedrático e hispanista D. Antonio Carreño.

7.  O fallo do xurado farase público o 30 de abril do 2019 e será inapelable.

8. Dotación e fallo do premio:

1º Premio: 1.000 €

2° Premio:    500 €

3º Premio:    300 €

9. A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas,que se celebrará no Concello de Parada de Sil o  día 11 de maio de 2019.

10.- A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.

11.-Todas as persoas participantes autorizan ó Concello de Parada de Sil a utilización do relato citando o autor ou autora do mesmo.

 

Parada de Sil, 7 de xaneiro  de 2019

A Alcaldesa

 

Yolanda Jácome

OS REISES MAGOS CHEGARÁN O 5 DE XANEIRO Á RESIDENCIA “LUCES DO SIL”

Sábado, 22 Decembro 2018 17:08

Os Reises Magos de Oriente chegarán o día 5 de xaneiro próximo á residencia “Luces do Sil” de Parada a partires das seis da tarde, onde saudarán ós nenos que estén presentes, xunto cos maiores que os acompañen, e de paso, recollerán as cartas dos pequenos dirixidas ás Suas Maxestades, coas peticións de agasallos que lles han de deixar no reparto que farán durante esa mesma noite polas casas.

Asimesmo, na cabalgata organizada pola asociación cultural Ouro do Sil, coa colaboración do concello de Parada e o colectivo Luces do Sil, os Reises repartirán durante a sua estadía na residencia agasallos, doces e chocolate entre os presentes, principalmente os nenos, e tamén saudarán e ofrecerán chocolate ós maiores residentes na residencia da terceira idade, na que por un día os nenos levarán a algarabía propia da rapazada.

Os Reises Magos cos nenos na Residencia Luces do Sil na cabalgata de 2015.

O BELÉN XIGANTE DE PARADA VOLTA Á CAPELA DE SAN RAMÓN DESPOIS DE SER RESTAURADO

Mércores, 05 Decembro 2018 11:39

O tradicional belén xigante de Parada de Sil volve estar en condicións de ser visitado polo público, segundo o concelleiro de Cultura, Francisco  Magide, despois dos traballos de reforma levados a cabo. A recompilación de figuras  fu elaborada por José María Campo Ferreiro, un artesán local autodidacta que creou coas súas mans peza a peza, utilizando materiais como barro sen cocer ou cartón. O ano pasado, a administración local tomou a decisión de efectuar unha rehabilitación e conservación do mesmo, dado o seu estado de deterioro debido ó paso dos anos.

Os traballos duraron catro meses e estiveron supervisados por Gonzalo Buceta e Carmen  G.  Feito. Ademais destas actuacións, a exposición do belén xigante contou co engadido de 25 metros de luces  LED e cinco focos, que reparten a iluminación por todos os elementos, ademais dun sistema de circulación de auga e desaugadoiro nos muíños e ríos, algo do que antes carecía.

O belén atópase xa instalado na capela de San Ramón e pode ser visitado de luns a domingo de 10,00 a 13,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas.

SANTA CRISTINA E SANTO ESTEVO, ESCOLLIDOS ENTRE 21 ICONAS DO ROMÁNICO EN ESPAÑA

Venres, 30 Novembro 2018 18:49

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, xunto co de Santo Estevo figuran incluidos como “iconas do románico” en España con outros 19 monumentos destacados repartidos por todo o territorio do Estado. Nunha reportaxe firmada pola xornalista Elena Sevillano e publicada o pasado 28 de novembro, a autora subliña que as ribeiras próximas á confluencia dos ríos Miño e Sil no sur de Lugo e norte de Ourense, “concentran un gran número de mosteiros, moitos dos cuales se poden visitar”. Fai mención expresa de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín, e Santa Cristina, en Parada de Sil, na parte ourensá, xunto coa “emblemática igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño e a de San Paio de Diomondi, San Miguel de Eiré ou Santa María de Ferreira de Pantón.  Enlace: https://elviajero.elpais.com/elviajero/2018/11/27/album/1543323428_239858.html#foto_gal_20

A XII ANDAINA DA CASTAÑA SUPEROU A CHUVIA E O FRÍO CO ÁNIMO DOS PARTICIPANTES

Venres, 30 Novembro 2018 18:38

A tradicional  Andaina da Castaña, tanto na súa versión para profesionais e afeccionados  senior como para os máis pequenos superou con éxito o  hándicap da choiva e o mal tempo rexistrados na duodécima e undécima edicións para maiores e nenos, respectivamente, que a pesar de todo reuniu unha notable participación nun trazado de 18,5 quilómetros para os máis valentes, que atravesou por boa parte das paraxes emblemáticas de Parada de Sil, como xa é habitual. A carreira para os máis pequenos cubría un percorrido de 3,5 quilómetros, que transcorreron pola contorna da capitalidade do municipio.

A organización correu a cargo do  concello, o  Club de Montaña Ribeira Sacra e a Asociación Cultural  Ouro  do Sil, que estableceron puntos de control de paso para poder abandonar a proba en caso de superar o tempo establecido pola organización ou retirarse por outros motivos. Durante a proba e ao final da mesma reinou o bo ambiente, como se demostrou á hora de recuperar forzas coas viandas ofrecidas pola organización, que xa establecera postos de  avituallamento en lugares estratéxicos do trazado para dar apoio vitamínico e enerxético aos participantes.

O MUSEO DO CHOCOLATE DE PARADA CHEGOU ATA O COLEXIO O PIÑEIRIÑO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Mércores, 14 Novembro 2018 18:58

Na tarefa permanente de divulgación e promoción da Casa Museo do Chocolate de Teimende, en Parada do Sil, como se ven facendo ó longo dos últimos tres anos dende a posta en marcha do museo, esta vez tocoulle o turno ó colexio O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa. Loli Casares, filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro da empresa Chocolates Casares e terceira xeración que se adicou a fabricar iste rico produto no corazón da Ribeira Sacra.

A explicación ós alumnos levouse a cabo de xeito moi didáctico para a mellor comprensión dos participantes, que amosaron moita atención e interactuaron en todo momento ca ponente e despois fixeron debuxos sobre as máquinas coas que se fabrica o chocolate. Por último, Loli Casares, levou unha mostra para que os nenos poideran catar o seu excelente sabor.

 

AS XORNADAS MICOLÓXICAS ABREN A PROGRAMACIÓN DO OUTONO 2018 EN PARADA, COA CASTAÑA COMO PROTAGONISTA NOS RESTAURANTES DO CONCELLO

Venres, 02 Novembro 2018 01:45

As Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o domingo 4 de novembro entre as 10,00 e as 18,00 horas na Fábrica da Luz, abrirán oficialmente a programación do Outono 2018, posto en marcha polo concello de Parada. O programa da xornada cos cogumelos como protagonistas dará comenzo ás 10 da mañán coa presentación e a iniciación no mundo dos cogumelos a través do miscroscopio. Das 11,00 ata as 13,00 haberá saída ó monte para a recolleita e identificación de cogumelos; entre as 13,30 e as 15,30 está previsto un xantar a base de cogumelos, mentras que a sesión vespertina estará adicada ó recoñecemento e clasificación dos cogumelos a través do microscopio.

A participación é gratuita e os participantes so terán que abonar o custe do xantar (15 €). Para obter  información ou reservas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 988 984 990 – 679 060 509 – 696 481 987.

O sábado 10 de novembro está programada a segunda actividade da programación de outono, consistente na XII Andaina da Castaña para maiores, así como a versión específica para menos. Para recibir información eou inscribirse: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

O sábado 17 terá lugar outra das citas xa consideradas como clásicas no outono lúdico-cultural de Parada de Sil, coa VII Festa da Pisa no pobo de Purdeus (Chandrexa). O programa dará comezo ás 11,30 da mañán coa recreación da Pisa da Castaña, proceso tradicional da preparación das castañas secas, no que poderá participar calquera persoa que o desexe. Finalizada esta demostración, terá lugar o Xantar Popular da Castaña, no que se servirá fabada, tenreira guisada con castañas, postres variados, pan, bebida e café, a un prezo de 15 euros por persoa. A información e reservas pode facerse a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 988 208010.

Paralelamente desenvolverase a séptima edición da Feira de Produtos Locais, con casetas de exposición e venda de protutos da zona: viños, cervexas, marmeladas, queix, pan, bicas, etc.

Os días 24 e 25 de novembro tócalle o turno á IV Maratón Fotográfica de Parada de Sil e Ruta Xeolóxica. Información e inscrición en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Durante todas as fins de semana do mes será posible a degustación de menús con castaña en tódolos restaurantes do concello de Parada.

OS EXPERTOS SITÚAN A AVESPA PARASITOIDE TORYMUS COMO O ÚNICO REMEDIO EFICAZ PARA LOITAR CONTRA A VESPA DO CASTIÑEIRO

Venres, 02 Novembro 2018 01:38

A loita biolóxica contra a avespa do castiñeiro coa utilización do parasitoide “torymus sinensis” e actualmente o único remedio eficaz para acabar coa plaga provocada pola invasión do Dryocosmus kuriphilus, nome científico da avespa do castiñeiro, que está mermando a produción nalgunhas zonas e provocando danos nas árbores que poden ser irreversibles co paso do tempo. O “torymus” é unha avespa enemiga natural da Dryocosmus que acaba coas suas larvas, segundo a comunidade científica.

O síntoma máis sinxelo para detectar se unha árbore está afectada é a existencia de bugallas na folla, que consisten en inchazóns dos tecidos, de cor verde ou vermello. Desenvólvense en ramas novas, nos peciolos das follas ou no nervio central das follas. Despois, as bugallas secan e poden permanecer unidas á árbore ata dous anos.

De feito a Xunta está levando a cabo soltas controladas de “torymus” para facerlle frente ás avespas que danan os castiñeiros. Segundo os técnicos da Xunta, o torymus sinensis pon os ovos no interior das bugallas e as suas larvas aliméntanse das larvas de dryocosmus, polo que “non é recomendable eliminar as bugallas secas das árbores, xa que na primaveira seguinte saen os adultos de torymus”. Os expertos da Administración Autonómica advierten que a solta destes parasitoides “non pode realizarse de modo particular, xa que so está autorizada para elo a Xunta”.

Para máis información sobre a praga ou para informar da súa presenza, os interesados poden dirixirse ó seu distrito forestal accedendo á web http://mediorural.xunta.gal/es/areas/forestal/ordenación/distritos/, así como chamando ó teléfono 988 386 695.

O PROGRAMA “TOPONIMÍZATE” CHEGA A PARADA O 23 DE NOVEMBRO PARA EXPLICAR A ORIXE DO NOME DOS POBOS E LUGARES DO CONCELLO

Xoves, 25 Outubro 2018 18:48

A segunda edición de ‘Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’, que botou a andar o 24 de outubro en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística, chegará a Parada de Sil o próximo 23 de novembro. A iniciativa, posta en marcha o ano pasado con grande éxito de acollida e participación, ofrece outros tantos encontros en aberto dirixidos á cidadanía en xeral nos que persoal técnico especialista en toponimia pon en valor a microtoponimia, co obxectivo de concienciar sobre a importancia e a necesidade da xeorreferenciación e xeolocalización deste patrimonio inmaterial.

A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados dende a Xunta, que coordinará por primeira vez a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo. Así o explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen recordou que “a toponimia e a microtoponimia forman parte do patrimonio inmaterial dos e das galegas, unha grande riqueza e obra colectiva que non podemos deixar esmorecer”.

Na primeira edición foron quince os concellos que acolleron os encontros (A Coruña, Arteixo, Boqueixón, Lousame, Melide, Miño, Vedra, Palas de Rei, Sober, O Carballiño, Ourense, Cangas, O Grove, Silleda e Viveiro); nesta segunda serán outros quince os que reciban as conferencias do filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega: Arzúa, Brión, Cariño, Muros, Castro de Rei, Cospeito, Foz, O Páramo, Celanova, Parada de Sil, Xinzo de Limia, A Lama, Moaña e Ribadumia. En Parada terán lugar o 23 de novembro ás 17,30 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.

Nelas falarase de toponimia galega (os motivos da abundancia de nomes de lugar no país, a toponimia galega como patrimonio inmaterial) e tamén da propia de cada concello (significado dos nomes das parroquias e das aldeas; como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos, así como as utilidades desta ferramenta).

A ASOCIACIÓN CULTURAL OURO DO SIL CELEBRA O 27 DE OUTUBRO O SEU TRADICIONAL MAGOSTO EN PARADA

Mércores, 24 Outubro 2018 16:00

A Asociación Cultural “Ouro do Sil” celebrará o sábado 27 de outubro o seu tradicional magosto en Parada no Campo da Feira, nunha carpa instalada especialmente para a ocasión neste lugar. O menú constará de empanada de carne ou bonito, carne ó caldeiro, castañas e chocolate con bica. A bebida debe aportala cada comensal para consumo propio. Os prezos serán de 12 euros para o público en xeral e de seis euros para os socios da entidade. Será preciso inscribirse antes do 25 de outubro contactando con calquera membro da directiva ou chamando ó teléfono ou WhatsApp 616 51 62 38. Tamén se pode facer a inscrición a través de correo electrónico na dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

No decurso da festa e máis ó final actuará a charanga “Hai que Avisar”. A organización correu a cargo da propia colectividade “Ouro do Sil”, coa colaboración co concello de Parada de Sil.

ZAID AIT MALEK EN HOMES E MARTA MOLIST EN MULLERES, PROCLAMÁRONSE CAMPIÓNS DE ESPAÑA NA CARREIRA DE PARADA

Mércores, 24 Outubro 2018 15:28

Os atletas  Zaid  Ait  Malek e Marta  Molist proclamáronse campións de España tras vencer nas súas respectivas categorías na espectacular carreira de Parada de Sil, puntuable para o Campionato de España de Carreiras por Montaña de Clubs  FEDME – Gran Premio  Tuga, despois de realizar unha sensacional proba que contou cunha excelente organización e alta participación.

A proba desenvolveuse cunhas condicións atmosféricas idóneas, que comezou cunha iniciativa emotiva, xa que se gardou un minuto de silencio en recordo ás vítimas das inundacións de Mallorca.

A nivel individual a carreira estivo liderada por  Zaid  Ait en todo momento, seguido de preto de Eduard Hernández, Raúl Pérez e  Ismail  Razga. Mentres en clubs, a cousa estaba moi axustada entre o A.E.  Matxacuca e  Mur i  Castell- Tuga.

En categoría feminina Laura Soa comandaba a carreira seguida a poucos segundos de  Aroa  Sio e Marta  Molist. A nivel de clubs a loita estaba entre o Club Mallorca  Trail, A.E.  MAtxacuca, Terra Trágame,  Mur i  Castell- Tuga,  Avientu  Solorunners e  Lurbel  Team  People  Sapiens.

Finalmente en Parada de Sil,  Zaid  Ait  Malek do  Buff Prol Team impúxose na liña de meta cun tempo de 3 horas e 1 minuto, seguido de  Ismail Razga, do Terra Trágame. En terceira posición entraba Eduard Hernández do A.E.  Matxacuca. Na clasificación por clubs o E.A.  Matxacuca proclamouse Campión de España de Carreiras por Montaña por Clubs cos puntos sumados por Eduard Hernández, Diego Arroio, Eric Moya e Roberto  Sancho que entraban todos entre os 15 primeiros. Os mozos do  Matxacuca impuxéronse con 37 puntos sobre os 45 do Mur i Castell- Tuga que entraban segundos, o equipo estaba formado por Mario Bonavista,  Ramon  Recatala, Jonathan  Rogla e Alfredo Gil. Finalmente o  pódium pechárono os atletas do Alpino  Benalmadena  Irontriath con 77 puntos, integrado por Juan  Jesus Bravo, Antonio Herrera,  Raul Ortiz e Alberto Fernández.

En categoría feminina a vitoria foi para Marta  Molist do A.E.  Matxacuca cun tempo de 3 horas e 42 minutos; en segunda posición entraba Laura Soa do  Lurbel  Team  People  Sapiens, mentres que a terceira posición foi para  Sílvia  Pugarnau do EA  Matxacuca. Por equipos a cousa estivo moi rifada, xa que mentres  Lurbel xa tiña aos seus catro integrantes en meta, non se podía asegurar nada a falta dunha corredora por entrar do  Matxacuca. Finalmente este último acabou levándose a vitoria por tan só 2 puntos sobre  Lurbel  Team  People  Sapiens: 33 e 31 puntos, respectivamente.

As integrantes de ambos os equipos eran, Marta Molins,  Sílvia  Puigarnau, Pomba  Lobera e Cristina Hernández para o  Matxacuca e Laura Soa, Ana  Tauste, Patricia  Barreda,  Lluna  Beltrán e  Yolanda Valente. A terceira posición  foi para o  Mur i  Castell- Tuga con 49 puntos, as integrantes do equipo eran Diana Martorell, Eva  Mesado, Beatriz  Fas e Mª Eugenia  Inturias.

A proba do  Canon  do Sil pon punto e final á Copa e Campionato de Carreiras por Montaña en liña  FEDME - Gran Premio  TUGA 2018. Todos os participantes destacaron o alto nivel da organización, así como a espectacularidade e beleza do trazado, cun agradecemento expreso para o  concello de Parada de Sil.

 

O DÍA 10 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR A TRADICIONAL ANDAINA DA CASTAÑA

Xoves, 11 Outubro 2018 09:30

O próximo día 10 de novembro terá lugar a duodécima edición da Andaina da Castaña na sua doble modalidade de adultos e cativos que inclúe unha zona de 3,5 kilómetros pola rota dos castiñeiros e das carriozas en Fondodevila. A proba está organizada polo concello de Parada, o Clube de Montaña Ribeira Sacra e a Asociación Cultural Ouro do Sil.

Haberá puntos de control de paso onde abandoar no caso de superar o tempo establecido pola organización ou retirarse por outros motivos; quenes abandonen deberán seguir as indicacións dos controis. As inscricións poderán formalizarse a través da web www.championchipnorte.com dende o 10 de outubro ata o 6 de novembro ata un máximo de 200 participantes.

Os presos pola participación serán de 12 euros para adultos e 9 euros para federados de montañismo e 5 euros para menores con idades comprendidas entre 5 e 9 anos. Na andaina para cativos o prezo de inscrición será de 12 euros para o acompañante e gratuita para os nenos. Como é tradicional, a inscrición conleva a entrega dunha camiseta corporativa da proba.

A saida será ás 9,30 horas dende a Praza do Barquilleiro (Parada) para os maiores é as 11,00 horas para os pequenos. É preciso estar no lugar 20 minutos antes do inicio das probas. A chegada estará establecida na Praza do Concello. Ó longo do recorrido, que será de 18,5 kilómetros de dificultade media-alta, haberá dispostos cinco controis de avituallamento que proporcionarán líquidos ós participantes e en tres deles tamén froita. Ó remate, os participantes terán dereito a un xantar-picoteo e tamén a participar no magosto que terá lugar pola tarde.

O percorrido comenzará en Parada, por Sardela, Entrambosríos ata a ponte de Rabacallos, subida ata A Sapeira, Fondodevila, Cudicán, Balcóns dos Mouros (de Madrid), Portela, Mosteiro de Santa Cristina, Castro, Chamoso, e chegada de novo a Parada.

X apola tarde haberá visitas á pasarela sobre o río Mao, de 950 metros de lonxitude que sae dende a Fábrica da Luz ata Barxacova; tamén haberá visita á necrópole medieval de San Vítor de Barxacova, unha das máis extensas e importantes do Noroeste peninsular, onde o entorno, o silencio e as vistas constitúen un deleite para os sentidos. Chégase por un sendeiro de 600 m. dende San Lourenzo de Barxacova.

 

MARCHA BTT “V RUTA BTT PARADA DE SIL”

Luns, 17 Setembro 2018 16:07

O 23 de setembro terá lugar a quinta edición da “Ruta BTT Parada de Sil”, organizada por Rutas de Ourense, coa colaboración do albergue A Fábrica da Luz, o concello de Parada de Sil e a ADG Os Biciclistas. O trazado da proba será esixente, pero espectacular, segundo os organizadores, tanto na versión longa como na curta. Os participantes terán a opción de elixird uas versión de ruta: unha curta, de 38 kilómetros de lonxitude, con 1.450 metros de desnivel positivo), e outra longa, de 53 kilómetros (con 1.850 metros de desnivel positivo). Trátase, na sua maioría de sendeiros que se internan polos soutos das ribeiras do Canón do Sil e pistas que atravesan as zonas máis altas da Ribeira Sacra no concello de Parada.

Os dorsais recolleranse o mesmo día da proba no punto de saída, de 800,00 a 8,45. Para elo será necesario presentar o DNI. Os participantes contarán con avituallamento sólido e líquido en varios puntos do percorrido. O rematar a ruta, os que o desexen poderán dispor de ducha e zona de lavado de bicicletas. Asimesmo haberá a posibilidade de comer na Fábrica da Luz. O menú deste ano contará con empanada, caldo galego, ensalada de pasta, guiso de carne, browni e froita. Tamén haberá menú vexetariano. Os presos de inscripción son de 9 euros sen comida e 17 con comida. A comida para os acompañantes custará 10 euros.

No entanto se disputa a proba, os acompañantes terán a posibilidade de disfrugar do entorno privilexiado do entorno, para o cual a organización preparou unas recomendacións sobre sendeirismo e lugares de interés que permitirán coñecer máis a fondo as maravillas naturais e arquitectónicas que acolle o concello de Parada. Para máis información: http://rutasdeourense.com/organizacion-eventos-deportivos/v-ruta-btt-parada-de-sil/

 

O MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA PERMANECERÁ PECHADO CINCO MESES POR OBRAS DE REPARACIÓN E MANTEMENTO DO CONXUNTO

Venres, 31 Agosto 2018 17:49

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil permanecerá pechado durante os próximos cinco meses debido ás obras de reparación e mantemento do conxunto monumental, que contarán cun orzamento de 430.000 euros. Se se cumplen as previsións, o enclave estará de novo en funcionamento para a próxima Semana Santa, con novo aspecto pola renovación dalgunhas partes. Os traballos estarán enfocados a unha reforma integral, que afectará á cuberta, xa que nestes momentos  sufre filtracións, así como a outras partes do monumento.

A reparación será aproveitada tamén para sustituir a rampa de acceso para minusválidos, para facela máis accesible eliminando algunhas cotas de pendente do 28% e que na nova non pasarán do 12%. Tamén haberá reformado das escaleiras de subida para que sexan máis cómodas para os visitantes.

O mosteiro de Santa Cristina foi rescatado en 1987 do estado ruinoso no que se atopaba, grazas ás obras de rehabilitación ás que foi sometido. Os traballos  que se desenvolverán agora, de acordó co proxecto firmado polos arquitectos Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez, tratarán de correxir deficiencias aparecidas co paso do tempo nos últimos trinta anos.

Para a alcaldesa, Yolanda Jácome, ainda que as obras “suporán o inconvinte de ter que pechar o recinto ao público, a espera merecerá a pena, posto que despois relocirá mais ca nunca, como monumento senlleiro que é”.

PARADA CELEBRA AS FESTAS PATRONAIS DE SAN RAMÓN

Venres, 24 Agosto 2018 09:48

Será o día 31 de agosto.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos